
Para referenciar esta páxina empregue o enderezo: http://www.usc.es/atic
Pavillon de Servizos
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
As tecnoloxías da información e da comunicación son hoxe un instrumento básico sen as que non é posible debuxar e apostar por unha universidade moderna e emprendedora. A investigación, a docencia e mesmo a xestión da nosa institución non poden acadar os compromisos de calidade sen unha utilización eficiente e intensiva das mesmas.
A USC dispón de diversas unidades que interactúan, en distintos eidos, para prestar o mellor servizo posible á comunidade universitaria.
Os Plans Estratéxicos de tecnoloxías da información e das comunicacións (PETIC) para os períodos 2004-2006 e 2007-2010, que podes consultar neste mesmo sitio web (memorias e outros documentos) conteñen a planificación estratéxica para a nosa institución, e dan conta dunha implicación do mais alto nivel nesta tarefa colectiva.
A Área TIC correspóndenos un papel clave para a organización eficiente dos sistemas de información e comunicacións no apoio das tarefas de docencia, xestión e investigación. O noso obxectivo é unha xestión óptima dos recursos e infraestructuras que ofrecemos aos usuarios da comunidade universitaria.
Son moitos os retos que se nos demandan, e cada vez mais o número de servizos a prestar; pero co maior esforzo por parte de todo o equipo humán que compón esta Área, traballamos arreo e comprometidos coa nosa institución.
Agardamos que este sitio web poda achegarte a información de maneira sinxela e nos permita unha vía de comunicación estable, de interese tanto para os usuarios como para nós.
Director da Área TIC