A Área TIC, dende a súa Unidade de Desenvolvemento, aproba e dirixe os desenvolvementos de aplicacións e plataformas informáticas de xestión que necesitan as diferentes áreas da USC.
O desenvolvemento e mantemento das aplicacións pode ser realizado polo propio persoal da Área TIC, pola empresa Unixest, ou por empresas externas á USC.
As principales aplicacións corporativas que a USC ten a disposición da comunidade universitaria son:
A aplicación de Xestión Académica Xescampus cubre a xestión da oferta e procedementos de xestión académica dos estudos de 1º, 2º, 3º ciclo e Posgraos oficiais.
Entre os procedementos de xestión académica pódense destacar:
A aplicación dispón de distintos portales de acceso segundo o perfil do usuario: Secretaría Virtual do PDI, Secretaría Virtual de Alumnado, Interfaz administrativa para PAS.
Sistema informático para a xestión de recursos humanos e nómina de todos os traballadores da USC.
O eSicus é un proxecto que pretende englobar toda a Xestión Económica da Universidade nunha única aplicación informática.
Pretende adaptarse ás novas necesidades da USC: Incremento do número de usuarios e o seu control de acceso, centralización da Base de Datos, interfaz web,...
Tamén é importante a relación con novos servizos que a USC ofrece, tanto ao seu propio persoal (Portal de Directores de Centros de Gasto) coma ao persoal alleo (Portal de Provedores).
Os investigadores da USC contan cunha aplicación web, a OIT Virtual, dende a que levar a cabo as seguintes accións:
A necesidade dunha nova aplicación ou mellora dunha existente pódese notificar enviando un correo electrónico a atic.desenvolvemento@usc.es