Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a das Comunicacións (ATIC)  »  Atención a usuarios  »  Descrición

Centro de Atención a Usuarios

Para referenciar esta páxina empregue o enderezo: http://www.usc.es/cau

Apoio a PDI e PAS

A Área de atención a usuarios, a través do sistema de atención centralizada, organiza e distribúe os recursos necesarios para a execución das accións e programacións relativas aos usuarios, así tamén, controla o correcto funcionamento dos sistemas microinformáticos, esta atención lévase a cabo nas instalacións onde se encontren os equipos ou nas dependencias físicas da ATIC.

Equipos Informáticos aos que se oferta a asistencia técnica:

  • Asistencia técnica para a resolución de problemas software, desde sistema operativo ata aplicacións e programas ofimáticos e corporativos. O soporte está limitado aos programas subministrados polas diferentes licenzas de Campus xestionadas pola Área TIC e ás aplicacións corporativas de xestión, sempre que sexa a Área a responsable delas. Non se da soporte en aplicacións de servidor ou Unix.
  • Asistencia técnica para a resolución de problemas técnicos dos equipos de usuarios, sempre que ditos equipos pertenzan á USC. Desenvólvese o diagnóstico da incidencia e repárase, sendo o custo por conta do usuario.

A comunicación das incidencias pódese facer:

  • A través do Formulario web para notificar incidencias.
    Deste xeito a incidencia é procesada inmediatamente as 24 horas do día. O tempo de resposta dependerá da carga de traballo dos técnicos asignados a ela.
  • Por vía telefónica, de xeito excepcional, a través do teléfono 55555 en horario de 8 a 22 horas. Unha vez comunicada a incidencia seguirá o proceso equivalente a ser dada de alta a través da aplicación web