Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a das Comunicacións (ATIC)  »  Correo electrónico  »  Manuais  »  Configuración de filtros no Outlook Express

Configuración de filtros de correo no Outlook Express

Os pasos a seguir para configurar un filtro de correo son:

  • Crear o cartafol onde se quere mover todo o correo que cumpra co filtro que se vai a crear. Executar Archivo -> Carpetas -> Nueva... e na fiestra que se visualiza consignar o nome do cartafol novo (SPAM) e marcar o cartafol do cal se quere colgar o novo (Carpetas locales). Aceptar.
     

    Crear cartafol en MS Outlook

  • Crear o filtro. Para elo accedemos ao menú Herramientas -> Reglas de mensajes -> Correo.... Esta fiestra pode estar baleira ou non dependendo de se se teñen filtros definidos ou non.
     

    Ferramentas en MS Outlook
    Regras de mensaxes en Outlook

 

  • Picar en Nueva... e marcar na nova fiestra as seguintes opcións: La linea Asunto contien las palabras especificadas e Moverlo a la carpeta especificada e darlle nome á regra na opción 4. Antes de Aceptar débese completar a regra picando sobre os subliñados do punto 3.
     

    Filtro SPAM en MS outlook

  • Cando se pica sobre o subliñado La linea Asunto contiene... visualízase a seguinte pantalla para completar co texto co cal comparar. Picar sobre Agregar e Aceptar.
     

    comparar con asunto en outlook

  • Cando se pica sobre o subliñado Mover a la carpeta ... visualízase a seguinte pantalla onde se debe marcar o cartafol ao cal se desexa mover as mensaxes que cumpran coa condición anterior. Picar sobre Aceptar.
     

    escoller carpeta en outlook

  • Cando se acepta en Regla de correo nueva vólvese á pantalla de Regras de mensaje onde agora se visualiza a regra creada.
     

    regras de mensaxes en outlook

  • Se houbese máis filtros definidos débese dicir se se aplica antes ou despois que os filtros existentes. A precedencia de aplicación do filtro respecto do resto de filtros existentes conséguese desprazando arriba ou abaixo o novo filtro creado.

  • Picar sobre Aceptar e xa se ten definido un filtro. Cando o Outlook baixa as mensaxes de correo comprobará o asunto de cada un deles coas regras definidas e todas as mensaxes etiquetados como spam polo servidor de correo moveraos ao cartafol SPAM.