Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a das Comunicacións (ATIC)  »  Correo electrónico  »  Preguntas frecuentes

Servizo de correo electrónico

Preguntas frecuentes

Que é o correo electrónico?

O servizo correo electrónico (e-mail) es o equivalente informático ao servizo postal clásico. Este servizo permite o intercambio mensaxes escritas que poden levar adxunto un ou máis arquivos (con imaxe, son e outros tipos de documentos).

As mensaxes son almacenadas nun buzón virtual no momento da súa recepción , polo tanto, non é preciso que os interlocutores estean conectados simultánamente á rede para poder dialogar.

Quen pode utilizalo e como solicitalo?

Poderán utilizalo tódolos membros da USC: alumnos, profesores, pas, investigadores e colaboradores de departamentos ou servizos.

A todos os alumnos se lles crea de oficio unha conta de correo electrónico no dominio @rai.usc.es, polo que non é necesario que cubran ningunha solicitude.

O resto de colectivos deberán solicitalo á Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións (ATIC) empregando o formulario que existe para tal efecto na sección de  identidade.

Nos outros casos, será a Área de TIC a encargada de fixar as normas e as posibles restriccións.

Que teño que facer para dar de baixa unha conta de correo?

Poden solicita-la baixa dunha conta de correo o titular da mesma ou a persoa que autorizou a súa creación (director de departamento, decano, etc.).

É preciso enviar un formulario, dirixido á área TIC, indicando que se desexa dar de baixa unha conta de correo. Pode atopalo na sección de formularios.

Xa teño unha conta de correo na USC, como podo acceder a ela?

Existen á disposición dos usuarios, múltiples clientes, programas de correo electrónico para permiti-la cosulta do mesmo. Algúns deles son de libre distribución e poden instalarse tanto en Linux coma en Windows, como o Mozilla Thunderbird

Para o sistema operativo Windows, temos:

  • Outlook Express (integrado no propio sistema, non é preciso desgargalo da rede)
  • Outlook (integrado no paquete Microsoft Office)

Pode atopar os datos necesarios para configurar o seu cliente de correo na sección de manuais.

Tamén é posible o acceso a través dun navegador web, sen necesidade de configurar ningún programa. O servizo de correoweb é accesible a través do enderezo https://correoweb.usc.es

 

Como configuro o meu programa de correo?

Aínda que os pasos a seguir e as pantallas de presentación poden variar dun programa a outro, os datos que sempre necesitaremos ter a man son os indicados na páxina de manuais de correo.

Teño problemas co servizo de correo, a quen debo dirixirme?

Ao Centro de Atención a Usuarios (CAU), empregando o formulario que atopará en: http://www.usc.es/cau ou chamando á extensión 55555.

Como lelo dende a casa?

Unha vez establecida a conexión a través da USC, será necesario configurar calquera das aplicacións que para tal efecto existen: Eudora, Messenger, Exchange...etc. Podes atopar axuda para configurar algún destes programas na sección de manuais.

No caso de establece-La conexión a través dun proveedor comercial, os datos para a configuración son os mesmos, salvo que neste caso o servidor SMTP é o correspondente o seu proveedor.

Como podo saber canto espazo teño ocupado no servidor?

Podes consultar este dato a través do servizo de correo web.

Para que serve a opción de deixar copia das mensaxes no servidor?

Esta opción, empregada en conexións de tipo POP3, serve para poder ler varias veces as mensaxes xa lidas en varios ordenadores.

É importante incidir no feito que esta opción soamente é necesario activala se queremos ler de novo mensaxes xa recibidas noutro ordenador. NON fai falta activala se queremos ler as novas mensaxes que poidamos ter recibido dende que consultamo-lo correo noutro ordenador.

Polo xeral, aconséllase non activar esta opción, xa que podemos sufrir bloqueos por exceso de ocupación no noso buzón.

Que tipo de conexión debo empregar? POP3 ou IMAP?

En xeral recomendamos empregar unha conexión de tipo POP3.

Os usuarios que necesiten consulta-lo correo xa lido dende varios ordenadores distintos deben empregar IMAP.

Podo ler as mensaxes almacenadas nos cartafoles do correoweb cun lector de correo convencional?

En primeiro lugar, debes configurar o teu cliente de correo para facer una conexión IMAP. Nas propiedades da conexión debes indicar o nome do directorio donde se atopan os devanditos cartafoles. No servidor da USC este directorio chámase " mail".

A forma de configurar esta opción varía moito dependendo do lector que empregues (Thunderbird, Outlook, etc.).

En Thunderbird esta opción chámase "directorio del servidor IMAP" (Atópase nas opcións avanzadas da sección "Configuración do servidor")

En Outlook Express aparece como "Ruta de la carpeta raíz".

Despois de ver o correo co Eudora, Outlook, etc. o meu buzón aparece baleiro no correoweb. por qué?

Para poder ler no correoweb as mensaxes xa descargados nun cliente de correo convencional (como Outlook ou Eudora) debe configuralo para que deixe unha copia no servidor. Normalmente esta opcón atópase na parte correspondente as opción xerais de rececpción ou nas propiedades avanzadas da conta. Consulte a documentación do seu cliente de correo para saber máis.

Cales son as limitacións para as chaves de paso?

Existe uhna serie de restriccións para establecer un novo contrasinal. Estes son os requerimentos que deben cumprirse:

  • A lonxitude mínima é de 6 caracteres
  • Non empregue caracteres non ASCII, como letras acentuadas, eñes, etc.
  • Debe conter, como mínimo, 2 letras e 1 número
  • Debe ser diferente do nome de usuario
  • Debe diferenciarse do antiguo en, como mínimo, tres caracteres

Que son as cabeceras dunha mensaxe de correo e cómo visualizalas?

Parte das cabeceiras dunha mensaxe non son mostradas polos lectores de correo; normalmente son visibles o remitente, destinatarios e o asunto.

Nembargantes hai outra información insertada automáticamente polo programa que envía o correo e por cada un dos servidores polos que vai pasando a mensaxe ata chegar ao seu destino. As cabeceiras " Received:" son das mais interesantes ya que nos mostran o camiño seguido pola mensaxe ata chegar á nosa caixa de correo.

Dependendo do lector de correo empregado, as cabeceiras ocultas poden ser visualizadas do seguinte xeito:

  • Servizo de correoweb: unha vez aberta a mensaxe, preme no enlace " Código fonte da mensaxe"
  • Mozilla Thunderbird: preme simultáneamente as teclas Control e U e verás o código fonte da mensaxe seleccionada.
  • Outlook Express: Escoller  "arquivo" -> "propiedades" e ali seleccionar a pestana detalles. Alternativamente, sinalando a mensaxe e pulsando simultáneamente as teclas Control e F3.
  • Eudora: abre a mensaxe e observa que inmediatamente se activa unha barra de menú, preme na icona e obterás as cabeceras do e-mail.