A identificación persoal realizase con dous datos, o nome de usuario e a chave de paso.
O nome de usuario ten un formato do tipo: nome.apelidos@dominio.
Na Usc existen dous dominios, un para los estudantes @rai.usc.es e outro para o persoal da universidade @usc.es
A chave de paso (password) é un conxunto de carácteres alfanumericos persoal e intransferible. Posto que cada conta de usuario está asociada a unha persoa é obligación de cada usuario a custodia da sua chave de paso. Non facelo pode ter como consecuencia o uso fraudulento dos privilexios asignados a esa persoa. Por elo debemos trocar frecuentemente a chave de paso e non permitir que alguén a coñeza.
Posto que os nomes de usuario son en maior ou menor medida públicos, a chave de paso é o único obstáculo para evitar a suplantación de identidade. O uso dun usuario e chave de paso doutra persoa pode ser constitutivo dun delito.