Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a das Comunicacións (ATIC)  »  Identidade de usuarios  »  Servizo de identificación centralizado

Manual de uso do Sistema de Identificación Centralizada

1. Descripción do Servizo

O Servizo de identificación centralizado da USC permite unificar e simplificar os controis de acceso nas aplicacións da USC. Este servizo é o punto de acceso único ás zonas privadas das aplicacións. O funcionamento do servizo é o seguinte:

  • Cando solicitemos o acceso a unha páxina web que precisa que o usuario esté identificado amosarásenos o formulario de acceso do Servizo de Identificación Centralizado, que nos solicitará o nome de usuario e a chave de paso.
  • Unha vez comprobado que os datos son correctos redirixiranos á aplicación que estabamos accedendo.
  • Se non pechamos o navegador e tentamos acceder a outra aplicación noutra pestaña ou nunha nova ventana do navegador (aberta dende a opción do menú “Arquivo-Nova ventana”) xa non se nos solicitarán os datos de acceso de novo.
  • Se saimos da aplicación vaisenos amosar unha mensaxe do Servizo de Identificación Centralizado indicando que acabamos de pechar a sesión, polo que en posteriores conexións voltarásenos a solicitar nome de usuario e chave de paso.

IMPORTANTE:Para evitar accesos non desexados, cando rematemos de traballar nunha aplicación web, é importante pechar todas as ventanas do navegador.

 

2. Descripción da pantalla de validación de usuarios

  • O nome de usuario debe introducirse completo incluindo o dominio tal como se explica na imaxe.
  • A chave de acceso é a nosa chave de acceso de sempre, a do resto das aplicacións.
  • A casilla "Avisarme antes de abrir unha sesión noutras aplicacións" permite que o sistema nos lembre que xa estamos validados. Se non a marcamos, o sistema daranos acceso inmediato a seguinte aplicación que utilicemos sen proporcionar ningún aviso.

 

foto del cas