Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a das Comunicacións (ATIC)  »  Identidade de usuarios  »  Uso dos credenciais

Uso dos credenciais

As aplicacións corporativas da USC empregan os credenciais descritos nesta sección de identidade para validar os usuarios.

O uso dos credenciais nas aplicacións pode ser de dous tipos:

  1. A través do Sistema de Identificación Centralizado da USC. O usuario validarase na primeira aplicación que empregue e cando cambie de aplicación non necesitará introducir de novo os seus credenciais de usuario. O sistema de validación recordará que é un usuario válido e se ten permisos para utilizar a seguinte aplicación daralle acceso inmediato. Este sistema será o único nun futuro próximo. O manual de uso deste Sistema de Indentificación centralizada atópase nesta páxina.
  2. Individual para cada aplicación. O usuario validarase en cada aplicación que utilice. Se o usuario cambia de aplicación deberá introducir de novo os credenciais. Este sistema era o habitual ata o momento pero progresivamente deixará de utilizarse en favor da Identificación Centralizada.

 A partir do 10 de xuño de 2009 a aplicación Xescampus e a Secretaría Virtual do PDI utilizarán o Sistema de Identificación Centralizado. O resto das aplicacións precisan que o usuario se valide cada vez que utilice unha delas.

Progresivamente todas as aplicacións se migrarán ao Sistema de Identificación Centralizado.