Luns, 15 de abril de 2013 Dirección ATIC
Universia presenta unha iniciativa de Fundación Universia, trátase da terceira convocatoria dos Premios Proxecto Fin de Carreira (PFC) Fundación Universia - Fundación Vodafone España, para o presente curso académico 2012-2013.
Esta proposta está dirixida aos estudantes de enxeñaría que desde xaneiro de 2012 a xuño de 2013 presentaran e aprobaran o correspondente proxecto en calquera universidade española, pública ou privada.
O obxectivo desta convocatoria é premiar e promover a obtención de resultados no marco das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), destinados a favorecer a accesibilidade e integración sociolaboral das persoas con discapacidade e a integración na vida diaria.
O Xurado concederá un premio ao PFC gañador, dotado cunha cantidade de 5.000 euros, e dous accésit aos que corresponderá unha cantidade de 3.000 e 1.500 euros respectivamente. O importe de todos os premios deberase destinar a unha acción formativa. Con todo, no caso de que o gañador decida realizar un proxecto empresarial, poderá facer uso da dotación económica do premio con este fin.
A convocatoria estará aberta desde o 21 de marzo de ata o 30 de xuño de 2013 inclusive. A resolución dos gañadores realizarase en dúas fases. A primeira, na que se seleccionará aos tres finalistas, finalizará o 15 de setembro de 2013.
A resolución final da convocatoria levarase a cabo antes do día 31 de outubro de 2013 e publicarase na páxina web da Fundación Universia e na páxina web da Fundación Vodafone España.
Máis información: https://candidatos.fundacionuniversia.net/microsites/PremioPFC2013/