Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a das Comunicacións (ATIC)  »  Multimedia  »  Access Grid
     accesgri_solo                      
 

A Universidade de Santiago de Compostela, habilitou dúas salas de tecnoloxía AccessGrid, unha no Campus de Lugo (Edificio do Complexo Docente, Aulario) e outra no Campus de Santiago (Edificio Cactus, 2º Andar).

 

Estas salas dispoñen de tecnoloxía AccessGrid(AG) (http://www.accessgrid.org), un sistema de altas prestacións de vídeo e audio, por Internet, que permite xuntanzas distribuídas a gran escala, sesións de traballo colaborativo, seminarios, charlas, titorías, etc.

 

O Sistema AccessGrid (AG) pode interactuar cun número indeterminado de localizacións, tanto de España, como do resto do mundo (salas accessgrid). Permite a posibilidade de amosar, de xeito simultáneo, audio e vídeo en vivo, documentos de traballo, imaxes científicas complexas (equipos de media), etc.

 

As principais características dunha Sala AccessGrid son:  

  • Posibilita a realización de reunións/presentacións no entorno dunha mesma sala.
  • Posibilita a colaboración con outros grupos de persoas, tanto en España como noutros lugares do mundo que dispoñan dunha sala coa tecnoloxía AccessGrid.
  • Ten a capacidade de permitir empregar outras tecnoloxías nas reunións, como por exemplo presentacións de diapositivas en PowerPoint.
  • Proporciona un ambiente no que os micrófonos non precisan ser presionados, de xeito que se crea a "sensación" de estar reunidos nunha mesma sala "virtual".
  • Permite a visualización dun escritorio de traballo cunha superficie de 3072 x 768 píxeles

                                                    

 Triptico_AccesGrid (pdf)

 

A tecnoloxía AccessGrid poderá usarse para:

 

  • Presentacións e demostracións de investigación.
  • Reunións de colaboración.
  • Visualizacións de demostracións e modelos.
  • Grandes reunións e conferencias cun elevado número de localizacións conectadas

 

sala_santiago_websala_lugo_web