Reunións Virtuais via Web (Adobe Connect)
A Universidade de Santiago de Compostela ten posto en marcha un servizo de reunións virtuais ( videoconferencia vía web) , que permite facer, dende o propio posto de usuario, reunións ou conferencias en liña, en directo, de varios usuarios. Trátase dunha interface sinxela con capacidades de colaboración amplas e flexibles, cunha excelente integración entre audio e video para experiencias multimedia máis ricas.
Oferta unha solución de colaboración a distancia para o persoal da universidade; xa sexa para reunións de traballo ou investigación.
Gracias a esta aplicación, pódese ter como unha sala que contén distintos paneis de visualización e compoñentes: cámara web e audio; chat; notas; enquisas; vínculos web; compartir arquivos ou compartir (véndoos todos á vez): pizarra, arquivos, aplicacións, ventás.
Un dos grandes avantaxes desta aplicación será a posibilidade de por en contacto distintos sistemas operativos: Mac, Linux ou Windows, sen problemas de incompatibilidades.
Os recursos necesarios para poder participar nunha reunión son: abrir un explorador, ter instalado o Flash Player 8 ou posterior e conexión a internet vía cable (NON SE RECOMENDA EMPREGAR WIFI). Será conveniente dispor de cámara web e micrófono (recoméndase empregar auriculares con micrófono) para poder facer as reunións con imaxes e son.
No seguinte enlace pode comprobar se o seu sistema verifica os requisitos técnicos mínimos necesarios:
Prema aquí para o TEST de conectividade.
Díptico Adobe Connect (pdf)
As principais características dunha Sala de reunións Virtuais son:
- Poder compartir unha cámara web
- Ver os usuarios conectados, os cales se poden restrinxir, tanto a súa conexión como os seus privilexios.
- Falar a través dun micrófono.
- Compartir escritorio ou só unha aplicación
- Conversar a través do chat
- Empregar unha pizarra compartida
- Subir arquivos (pdf, ppt, pptx, jpg, png, swf, flv, mp3, zip(limitado a un só arquivo comprimido))
- Escribir notas
- Poder facer enquisas o momento
- Compartir vínculos Web
As salas virtuais Adobe poden empregarse para unha programación de xuntas, despregamento de contidos de xuntas e interacción dos participantes.
Para acceder as salas deberá teclear no seu navegador o URL que se lle mandará no correo despois de facer a reserva por formulario.
Hai una sala dispoñible para facer probas, aberta para todos:
http://www.usc.es/xuntanza/test