Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC)  »  Multimedia  »  Reunións Virtuais vía Web (Adobe Connect)  »  Preguntas Frecuentes

Preguntas  Frecuentes 

  

Cuestións frecuentes sobre Adobe Connect, o noso software para reunións virtuais en vivo, e outros eventos.

1. Non podo oír o audio. ¿Que podo facer?

2. Non me funciona o micrófono. ¿Que podo facer?

3. O audio non é constante (entrecortado, debilitado). ¿Hai algo que poida facer para melloralo?

4. O meu Flash Player está desactualizado. ¿Como podo actualizarlo?

5. ¿Por que escoito dobre ou me escoito a min mesmo?

6. O sitio de proba do cliente de Adobe Connect di que o plug-in de Adobe Connect non está dispoñible. ¿É importante?

7. Non vexo a opción de chat privado na fiestra do chat da reunión. ¿Como podo chegar a ela?

8. Eu uso Linux e non podo conectarme a reunión. ¿Como podo conectarme?

 


  

1.- Non podo oír o audio. ¿Que podo facer?

 

Moitas cuestións de audio están relacionadas co volume do noso ordenador e os altavoces, ou unha versión antiga de Adobe Flash Player.
  •      Se vostede ten altavoces externos para o seu PC, asegúrase de que están acendidos e que o volume está correcto.
  •      No seu portátil ou sistema de escritorio, asegúrase que o volume está alto e o son non está Off (mute).
 
Se é incapaz de oír o audio despois de facer os pasos anteriores:
  •  Actualizar Flash Player a unha versión máis recente.
  • Peche todas as fiestras do navegador, entón reabra o navegador e volva a dirección da sesión online. Algúns usuarios deberán reiniciar para que os cambios teñan efecto.
 
Usuarios de Macintosh: Unha cuestión coñecida con Abobe Connect está relacionada con certas tarxetas de audio de Mac. Os seguintes pasos dirixiran a cuestión:
  • Instalar a última versión de Flash Player indo a http://www.adobe.com/go/getflashplayer
  •  Empezar a instalación e deixar completar a inicialización. Pechar a fiestra de instalación e intentar de novo conectar á reunión virtual.
  • Se os dous pasos anteriores non resolven o problema, por favor vaia a seguinte dirección: Adobe Tech Note.

  

2.- Non me funciona o micrófono. ¿Que podo facer?

 

  • Para configurar o micrófono nun Windows XP vaia "Inicio > Panel de Control > Dispositivos de Son e Audio e voz > Dispositivos de audio e son", ábrese unha nova fiestra das propiedades de dispositivos de son e audio, na pestana voz hai un botón para “Probar o hardware”, clic no botón e abre un asistente para ir configurando a audio e son seguindo os pasos que enumera cada un deles. 
 
Na fiestra onde estaba o botón de “Probar o hardware” tamén hai outro botón debaixo do debuxo do micrófono onde axustar o volume de gravación, facendo clic nos abre una nova fiestra de “Control de Gravación” onde o micrófono ten que estar seleccionado.
 
  • Para configura o micrófono nun Windows Vista: "Inicio > Panel de Control, aí elíxese a opción de hardware e son", abre unha nova fiestra, clic na opción de son “Administrar dispositivos de audio” > móstranos a fiestra de configuración de dispositivos de audio con 3 pestanas: reprodución, gravación e sons.

 

Primeiro ir a pestana de Reprodución, en propiedades (abre outra fiestra) pestana de niveis e comprobar que o micro está activado (liña de entrada). Voltar atrás á pestana Gravar, onde están as opción de Configurar (en botón), clic abra outra nova fiestra, elixir a opción “configurar micrófono” onde agora abre un asistente de pasos a seguir sinxelos ata chegar a Finalizar.
 
 
Teña tamén en conta que debe inicialmente acceder a compartir audio e imaxe e para falar picar no candado; comprobar que a clavixa do micrófono está enchufada correctamente, que estea ben configurado e colocar o micrófono cerca da boca e falar máis forte. (Recoméndase empregar auriculares con micrófono incorporado).
 

3.- O audio non é constante (entrecortado, debilitado). ¿Hai algo que poda facer para melloralo?

 

O audio entrecortado é tipicamente un problema de ancho de banda. Adobe Connect require, como mínimo, unha conexión de internet de ancho de banda de 256 kbps. Se non é o caso:

 

 
  •  Arranque o “asistente para configuración de audio” baixo o menú de reunión, seguir os 5 sinxelos pasos. Isto optimizará a súa configuración para o hardware de audio.

 

 Screenshot - 14_02_2011 , 11_13_37
 
  • Tamén pode deberse a que o ordenador estea sobrecargado de traballo que pode producir cortes en audio e imaxe. Asegúrese que ten todos os programas cerrados e o ordenador en boas condicións. É posible que o ordenador estea traballando en segundo plano e non o sepa.
  • Si se accede por WIFI, esto pode provocar cortes tanto de audio como de imaxe. RECOMÉNDASE NON EMPREGAR WIFI.

 

4.- O meu Flash Player está desactualizado. ¿Como podo actualizalo?

 

A actualización de Adobe Flash Player pode atoparse na web de Adobe: http://get.adobe.com/es/flashplayer/

 

5. ¿Por que escoito dobre ou me escoito a min mesmo?

 

É posible que se teña aberta máis dunha ventá do navegador coa sala. Cerrar unha delas. Se te escoitas a ti mesmo é porque non silenciaste o micrófono na configuración de reproducción.

6.- O sitio de proba do cliente de Adobe Connect di que o plug-in de Adobe Connect non está dispoñible. ¿É importante?

 

O plug-in de Adobe Connect plug-in só é importante para anfitrións e presentadores. Se vostede non é nin anfitrión nin moderador, sen problemas podes ignorar este aviso.
 
 
 
 

7.- Non vexo a opción de chat privado na fiestra do chat da reunión. ¿Como podo chegar a ela?

 

Algúns usuarios teñen este problema. A maior parte deberían ver, cada un, o menú despregable na fiestra de chat e ser capaces de usalo para seleccionar un dos usuarios e mandarlle unha mensaxe. Se vostede non pode ver isto, a causa máis común soe ser a resolución de pantalla. Pode intentar os seguintes pasos:
 
  • Redimensione a súa fiestra do navegador.
  •  Cerre o navegador completamente e volva a entrar na sala.
  •  Cambie a súa resolución de pantalla. Por favor, probe coa resolución 1024 x 768.

 

8.- Eu uso Linux e non podo conectarme a reunión. ¿Como podo conectarme?

 

Linux está limitado. Para usar os servicios Acrobat.com con Linux, necesitará o seguinte:
  • Firefox 3.5 +
  • Flash Player 9.0.115 ou posterior (Recomendado Flash Player 10)
  • Flash Player configurado para soporte SSL
 
Ademais, o soporte SSL para Flash Player é necesario para acceder as salas de reunión de Adobe Connect. Para máis información sobre o soporte de Adobe Connect para Linux, e como actualizar Flash Player e soporte SSL, por favor visite:
 
http://kb2.adobe.com/cps/865/cpsid_86542.html