Para empregar o sistema é necesario dispoñer dun ordenador con conexión a internet e navegador web. O sistema está probado para Windows e Linux (Ubuntu).
Empregar auriculares mellor que altofalantes (para non ter problemas de axuste), micrófono e webcam.
O reprodutor de flash pódese descargar en:
Para comprobar se o teu ordenador ten o software necesario para empregar o sistema, se pode facer en:
na3cps.adobeconnect.com/common/help/en/support/meeting_test.htm
Esta proba de diagnóstico serve para asegurarse de o seu PC e conexións de rede están correctamente configurados. Se a proba pásase con éxito, vostede está listo para conectarse á reunión. Sen embargo se segue tendo problemas, por favor, consulte as seguintes suxerencias para solucionar problemas.
Problemas de inicio de sesión en reunión:
Primeiras comprobacións rápidas. Comprobe os elementos seguintes para facilitar a solución de problemas de acceso a reunións:
Non teño a dirección para entrar nunha reunión. Póñese en contacto co administrador da reunión para solicitala.
En eventos de reunións, póñase en contacto co organizador da reunión para rexistrarse ou recibir unha URL de inicio de sesión.
Se moitas persoas teñen problemas para iniciar sesión nunha reunión, póñase en contacto coa asistencia técnica da USC para obter axuda.
Non podo acceder á sala: Asegúrese de que ten ben escrito o vínculo á páxina Web no navegador, recorde que entra como invitado ou no caso de ter usuario e contrasinal, ou clave de sala, que o está introducindo de forma correcta na dirección que se lle facilitou. Cerre todas as ventás do navegador. Borrar todas as cookies (para o internet explorer: "Ferramentas > Opcións de Internet > Eliminar cookies" e botón Aceptar) e volte a acceder de novo.
Na miña rede utilizase un servidor proxy para controlar o acceso a Internet. A presenza dun servidor proxy interposto pode afectar ao acceso á reunión virtual. Intente o seguinte:
1. En Internet Explorer, seleccione "Herramientas > Opciones de Internet > Ficha de opciones avanzadas"
2. Habilite a opción "Usar HTTP 1.1" en conexións proxy e faga clic en Aceptar.
3. Cerre todas as ventás do explorador e volva a abrilas antes de volver a intentar conectar coa reunión.
Problemas durante a reunión
Os participantes non ven as miñas accións. Revise a lista de asistentes para asegurarse de que é un presentador. Ademais, asegúrese de non estar en modo de preparación, xa que neste modo as accións non están visibles para os participantes. Envíe unha mensaxe ao anfitrión pedíndolle o estado de presentador.
Non podo compartir a miña pantalla. Debe descargar Acrobat Connect Add-in para dispoñer desta capacidade. Asegúrese de facer clic en "Instalar" cando o sistema lle pregunte se desexa descargar Acrobat Connect Add-in. Ou senón vaia ao menú "Ayuda" e seleccione a opción "Instalar complemento de Adobe Connect", se non aparece esta opción xa está instalado.
Outra cousa que hai que ter en conta é que, ao compartir unha aplicación, en lugar de toda a pantalla, é que a aplicación compartida debe ser visible en todo momento. Si se abre unha aplicación non compartida e esta cubre a aplicación compartida na pantalla do presentador, os asistentes á reunión non verán aquelas partes da aplicación compartida que queden cubertas pola aplicación non compartida, no seu lugar verán unha trama de cadros azuis.
Problemas de contido
O contido non aparece na reunión. No pod de "Compartir", faga clic na frecha para abrir máis opción que a de "Compartir mi pantalla" e elixa "Compartir documento" e na ventá emerxente "Seleccionar de Mi PC", busque o arquivo que desexe mostrar na sala, selecciónelo e pulse Intro.
Non se pode mostrar o contido como documentos de Word, follas de cálculo de Excel ou páxinas Web. Asegúrese de que é presentador e de Acrobat Connect Add-in está instalado. Os presentadores deben compartir a pantalla para mostrar este tipo de contido.
Non podo cargar contido ou utilizar a función para o uso compartido de pantallas en Internet Explorer. Asegúrese de que está instalada unha versión compatible de Microsoft Internet Explorer. Para comprobar os requisitos máis recentes, visite o sitio Web de Requisitos de sistema. Se non é posible actualizar a unha versión compatible de Internet Explorer e hai instalada unha versión máis antiga, como Internet Explorer 5, asegúrese de que a certificación do explorador está vixente. No sitio Windows Update, busque a actualización do certificado raíz na sección do sistema operativo.
Difusión de cámara e voz:
A miña imaxe non aparece cando elixo "Iniciar mi cámara". Asegúrese de que a cámara está enchufada e de que o equipo a recoñeceu antes de entrar na reunión. Se non funciona, pode ser necesario actualizar ou instalar os controladores da cámara. Asegúrese tamén de conceder permiso de acceso a Flash Player á cámara no cadro de diálogo que aparece ao iniciar a difusión. Asegúrese que non ten outro programa onde se vea a imaxe da cámara. Saír da sala, conectar ben a cámara, que non sexa emprega por outro programa e voltar a entrar na sala.
Os participantes non poden escoitar o meu audio. Asegúrese de que o nivel do micrófono non está silenciado no PC do presentador e que está definido nun nivel de volume adecuado. Utilice os axustes de control de volume avanzado do panel de control de Flash Player para axustar a configuración. Recomendamos que todos os usuarios noveles executen o Asistente de configuración de audio do menú Reunión, situado na esquina superior esquerda da interface de reunións de Adobe Connect. Para evitar distraccións, os presentadores non poden oírse falar nas reunións.