Para poder empregar o servizo de reunións virtuais de Adobe non ten máis que cumprimentar o formulario correspondente que se atopa no enlace do menú da esquerda en Soporte e Axuda ou facer clic aquí.
Para que o persoal técnico da área dispoña de tempo suficiente para facer os preparativos necesarios deberá solicitar a creación da sala por medio do formulario anteriormente mencionado, 3 días antes da data de realización da reunión (se non necesita facer probas - 48 horas antes)
Se non se cumpre este requisito, o persoal técnico non se compromete á realización da reunión.