Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a das Comunicacións (ATIC)  »  Multimedia  »  Teleformación

 

Teleformación
 
A teleformación permite realizar accións formativas a través de Internet, o cal cada vez ten máis auxe nas nosas vidas. Pódese facer unha distinción entre dous tipos de cursos de teleformación:
 
  • Cursos en directo: Son cursos de formación telepresencial a través dunha canle interactiva que ofrece unha serie de clases en tempo real a través de internet. A plataforma combina imaxe e son e permite aos asistentes ás sesións en directo manter contacto co instrutor. A comunicación en tempo real entre todos os participantes faise a través de diferentes vías como a voz, o chat, barra de ferramentas de escritura, activación de botóns que representan accións, etc.
 
  • Cursos en diferido: non teñen limitacións de horarios nin lugar de impartición.
 
A teleformación trátase do derradeiro avance dos sistemas de Educación a distancia que ten a internet como espazo para a formación.
 
Unha grande avantaxe da teleformación é a democratización da ensinanza. Un maior número de persoas pode acceder á formación.
 
A formación on-line céntrase nos resultados, non no tempo de aprendizaxe, o principal obxectivo é conseguir o coñecemento e a competencia, no menor tempo posible e co menor adestramento.
 
A teleformación opera en tempo real, obtés o que necesitas cando o necesitas, centrándose nas necesidades do usuario, o cal ten o control sobre o proceso así como a súa responsabilidade da súa propia aprendizaxe.
 
Aínda que a autoaprendizaxe constitúe un elemento importante da Teleformación, esta busca tamén a colaboración e a interacción social de todos os membros mediante o emprego de foros de discusión e debate.
 
Coa axuda das Tecnoloxías da información e a Comunicación (TIC), e especialmente aos servizos e posibilidades de Internet, se pode ofrecer unha verdadeira formación personalizada e un seguimento continuo de actividades e progresos dos alumnos.