Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a das Comunicacións (ATIC)  »  Multimedia  »  Videoconferencia  »  Preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes

¿Que debo facer para realizar unha videoconferencia?

- Debo cubrir o formulario de reserva de sala e envialo o servizo, cunha antelación mínima de 15 días a realización da videoconferencia.
- Unha vez recibida a reserva confirmarase por correo electrónico a mesma ao usuario. Se fose necesario facer probas o persoal técnico poñerase en contacto co usuario para facer as probas pertinentes.
- O custo desta conexión é o importe da tarxeta de rede que se lle debe poñer ó ordenador persoal (na actualidade é de 60 €).No suposto de que xa teña a tarxeta de rede non ten custo para o usuario.

¿Que facer se é unha multiconferencia?

- Neste caso debe cubrir o formulario de reserva  de sala e especificar no campo “Notas” que se trata dunha multiconferencia.
- Logo xa se poñerá o persoal técnico en contacto co usuario para coordinar todo o proceso.

¿Que facer se a video a necesito facer fora das salas de videoconferencia?

- Deberase poñer en contacto co servizo a través do correo electrónico no enderezo atic.videoconferencia@usc.es antes de facer a solicitude de reserva de sala.

¿Canto custa a realización da videoconferencia?

Só terá custo cando se faga por RDSI (liña de teléfono) ó exterior da USC e a chamada a iniciemos nós.
Aplicaranse as tarifas que se aplican para as chamadas de voz a través da centraliña da USC .
Debemos ter en conta que unha chamada RDSI (128 K( dúas canles), mínimo para facer una videoconferencia) é equivalente a dúas chamadas(por usar dúas canle) normais de teléfono (si se usasen máis canles, 4,6,8,.. o custo sería multiplicar cada canle por unha chamada normal).
Os gastos derivados do uso das liñas RDSI aboaranse polo centro, departamento ou unidade de gasto correspondente.

¿Onde debo dirixirme para calquera dubida sobre videoconferencia?

Poderá poñerse en contacto co servizo a través do enderezo de correo electrónico  atic.videoconferencia@usc.es ou ben poñéndose en contacto coa extensión 15017 (Andrés Docampo)