Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a das Comunicacións (ATIC)  »  Multimedia  »  Videoconferencia  »  Recomendacións

Recomendacións para a realización da videoconferencia

Durante a realización da videoconferencia

O poñente deberá evitar os cambios de sitio (si está de pé) no posible.

  • Recoméndase estar sentado o maior tempo posible. Falar sen gritar, empregar un ton de voz normal.
  • Cando non se utilice o micrófono para falar (xeralmente ocorrerá isto cando esteamos escoitando a un sitio remoto), debemos polo en mute (off) para evitar os retornos de eco dende a/s sala/s remota/s.
  • Nunha multiconferencia deberemos ter sempre o micrófono en mute (off) ata que nos den entrada para falar.
  • Evitar as roupas de cores brillantes, cores demasiado claras ou escuras, estampados (como cadros pequenos ou raias finas). Recoméndase tons pastel suaves ou cores apagadas.
  • Cerrar cortinas e persianas. A luz diurna está sometida a variacións e pode contrastar coa iluminación no interior da sala.
  • Como o audio presenta un pequeno retraso, mellor facer unha breve pausa para que os outros lle respondan ou para facer comentarios.
  • Evitar empregar xoiería ou outros obxectos que poidan producir destellos por reflexos, afectando a calidade da imaxe.
  • Identifique ao persoal de soporte técnico para unha rápida asistencia en caso de algún problema.

Referente á documentación de uso

No que se refire ao deseño dos elementos gráficos proxectados durante a videoconferencia, tales como diapositivas, transparencias, etc, as recomendacións son as seguintes:

  • Fontes: O tamaño das fontes debe ser suficientemente grande como para ser visto dende calquera punto da sala e sobre todo no sitio remoto . Recoméndase un tamaño mínimo de fonte de 28 e utilizar fontes planas (Arial, Times New Roman).
  • Fondo: A cor de fondo dos documentos proxectados debe permitir a correcta visualización das letras, gráficos, imaxes, ou outros elementos. Débense evitar cores moi brillantes e usar unha combinación axeitada dos mesmos. Recoméndase usar as combinacións seguintes
    Texto Fondo
    Branco Azul
    Amarelo Azul
    Negro Branco
    Azul Branco
  • Distribución: Non é convinte por textos nin outros elementos adicionais do documento, como logotipos ou cadros gráficos, na parte superior dereita do mesmo, xa que quedarían tapados no caso que se necesitara crear unha segunda ventá de imaxe na presentación.

 

NOTA: Se necesita algunha aclaración pode poñerse en contacto a través do enderezo de correo electrónico seguinte: atic.multimedia@usc.es