O protocolo de transferencia de arquivos (FTP) permite transferir arquivos entre ordenadores a través da rede; un deles desenrola un papel de servidor e o outro de cliente. O cliente conéctase o servidor FTP e envíalle ordes para, por exemplo, ve-la lista de arquivos ou inicia-la transferencia dun determinado archivo (dende o cliente ó servidor ou viceversa).
O servicio FTP da área TIC está baseado nun servidor (ftp.usc.es) que almacena diversos programas de uso frecuente (navegadores WWW, clientes de correo electrónico, aplicacións ofimáticas, etc.) para que os usuarios da rede da USC poidan descargalos rápidamente nos seus ordenadores sen necesidade de ter que buscalos na Internet. Isto, ademáis, permite unha mellor utilización dos recursos, xa que non se sobrecarga o enlace da nosa rede co exterior transferindo unha e outra vez a mesma información.