O servizo proxy-caché está orientado a optimización do acceso á Web.
A mecánica deste servizo consiste en utilizar un servidor intermedio, o servidor de proxy-caché, para a navegación web. Deste xeito, tódolos accesos do noso navegador realizaranse a través dun servidor que almacena nunha memoria intermedia (ou caché) as páxinas recibidas, poidendo reutilizalas nunha solicitude posterior sen ter que acudir novamente á orixe da información, conseguindo por tanto un aumento de velocidade e aforro no ancho de banda consumido.
O servizo de proxy-caché debe ser utilizado exclusivamente para o acceso a contidos relacionadas coa actividade académica ou investigadora.
Recentemente está a disposición dos usuarios un novo servizo de proxy, denominado servizo de Proxy Autenticado. Este servizo está pensado para o uso dende fóra da rede, e é un servizo que solicita autenticación de usuario.
O servizo de proxy-caché está ideado para o uso dende dentro da rede da USC, é non require autenticación de usuario.
O servizo proxy-caché está dirixido a tódos os usuarios da USC.
Configure o navegador tal e como se indica na sección de configuración
Se ten problemas co uso deste servizo pode contactar co Centro de Atención a Usuarios.