Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a das Comunicacións (ATIC)  »  Outros servizos  »  proxy-cache  »  Preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes do servizo de proxy

¿Qué debo facer se non atopo resposta a miña dúbida nesta sección?

Debe contactar co Centro de Atención a Usuarios (CAU) na extensión 55555 ou en cau@usc.es .

¿Pódese utilizar o proxy-caché dende fora da USC?

Se vostede precisa utilizar un servizo de proxy dende fóra da rede da USC debe utilizar o servizo de Proxy Autenticado.

¿Que aumento de velocidade pode conseguirse?

Depende moito dos servidores que consultemos, si o noso perfil de consulta corresponde co de outros usuarios notaremos aumentos moi importantes na velocidade (por exemplo a consulta do BOE, DOG, ... ) En cambio si é a primeira vez que alguén consulta esta páxina, teremos que ir a buscala á localización orixinal, tardando o mesmo que si non tiveramos instalado o Proxy-Cache.

¿Que porcentaxes de repetición poden conseguirse?

Cun número elevado de usuarios e encadenando de diversos Proxys-Caches na comunidade Universitaria, poden alcanzarse cifras do 70% de acerto.

É dicir que a páxina que desexamos consultar, nun 70%, se atópase gardada temporalmente nun servidor Proxy cercano.

¿Que ocorre cos servidores cos que temos unha boa velocidade?

No Proxy-Cache temos incorporada unha lista, indicándolle cales son os servidores dos que non necesita gardar as páxinas, dado que o acceso a eles é suficientemente rápido. En concreto temos nesa lista as Universidades Españolas así como outros centros de Investigación afiliados á RedIRIS.

¿Como funciona o proxy-caché?

Unha vez teñamos configurado o noso navegador Web, calquera consulta se realizará ó servidor proxy-caché da USC, e será este o que nos devolva a páxina solicitada, ou a solicite como nova no caso de non tela consultada ninguén antes que nós. Neste último caso gardará o contido durante uns diás de forma que o teña na caché se alguén o solicita de novo.