Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a das Comunicacións (ATIC)  »  Portal de activación de servizos  »  Manual de axuda da Activacion de servizos

Manual de axuda do Portal de Activación de Servizos on line

Descripción

O Portal de Activación de Servizos é unha ferramente que permite que os usuarios activen unha serie de servizos, que presta a Unidade da Rede de Datos, de forma telemática.

Os obxectivos que se queren acadar con esta iniciativa son dous:

  • Eliminar os formularios en papel ou en formato electrónico.
  • Optimizar o tempo de posta en uso do servizo para o usuario.

Os servizos que actualmente se poden activar a través do portal son os seguintes:

  • Eduroam
  • Wifiusc
  • Proxy

 

Utilización do portal

Ó acceder o portal pediráselle que se autentique. Isto é, que introduza o seu usuario e contrasinal (credenciais) para continuar:

man_portal_1

 

O intercambio de credenciais realizarase de forma segura. As credenciais que deberá de utilizar son as do Servizo de Directorio. Nas páxinas web de Identidade pode atopar máis información sobre qué credenciaís debe de utilizar.

Introduza as súas credenciais e prema en "enviar os datos":

imagen 7

A primeira vez que un usuario accede a este portal atopará todos os servizos en estado "Non activado". Somentes se mostrarán os servizos que o usuario, polo seu perfil, poida utilizar.

man_portal_3

Se o usuario desexa utilizar un servizo deberá de activalo. Para elo debe premer no botón ACTIVAR, do servizo en cuestión.

Para finalizar o proceso de activación do servizo o usuario deberá de aceptar explícitamente a normativa de uso das TIC na USC.

man_portal_4

Unha vez finalizado este proceso o servizo aparecerá ACTIVADO. O usuario recibirá un correo electrónico coa confirmación do proceso de alta.

A partir deste momento xa pode utilizar o servizo.

man_portal_5

Compre salientar que cada servizo se activa por separado. Recomendámoslle que solo active aqueles servizos que realmente vaia utilizar.

Cando vaia a estar un período longo de tempo sen facer uso dos servizos, tamén lle recomendamos que os desactive.

 

A súa conta pode ser bloqueada, para o uso dun servizo, por motivos de seguridade (virus, gusanos, ...) ou de inclumplrimento da normativa. Nese caso o servizo aparecera BLOQUEADO. Sega as instruccións que visualizará no monitor ou que recibirá por correo electrónico para voltar o estado ACTIVADO.

man_portal_6