Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a das Comunicacións (ATIC)  »  Rede de Aulas de Informática (RAI)

Rede de Aulas de Informática (RAI)

Para referenciar esta páxina empregue o enderezo: http://www.usc.es/rai

 Imaxe dunha aula da RAI

Descrición

A Rede de Aulas de Informática (RAI) da Universidade de Santiago de Compostela é o conxunto de espazos físicos e infraestruturas dedicados  á docencia e o uso das novas tecnoloxías. A Rede de Aulas de Informática da USC está adscrita á da Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións (ATIC).

Os distintos espazos físicos agrúpanse en: aulas de informática dos centros e aulas de informática xerais dos campus de Santiago e Lugo.

Os  postos de traballo e elementos de comunicacións das aulas de informática contan cunha infraestrutura  centralizada de servidores que lle dan apoio e servizo a cada un dos postos de traballo da Rede de Aulas de Informática e  ós propios usuarios da RAI.

As aulas de informática xerais dos campus de Santiago e Lugo teñen como finalidade principal a organizar e impartir cursos na área das novas tecnoloxías, e facilitar o acceso ós recursos propios de cada unha destas aulas  para a aprendizaxe das ferramentas informáticas, a realización de traballos e uso dos servizos ofertados.