Para referenciar esta páxina empregue o enderezo: http://www.usc.es/rai
A Rede de Aulas de Informática (RAI) da Universidade de Santiago de Compostela é o conxunto de espazos físicos e infraestruturas dedicados á docencia e o uso das novas tecnoloxías. A Rede de Aulas de Informática da USC está adscrita á da Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións (ATIC).
Os distintos espazos físicos agrúpanse en: aulas de informática dos centros e aulas de informática xerais dos campus de Santiago e Lugo.
Os postos de traballo e elementos de comunicacións das aulas de informática contan cunha infraestrutura centralizada de servidores que lle dan apoio e servizo a cada un dos postos de traballo da Rede de Aulas de Informática e ós propios usuarios da RAI.
As aulas de informática xerais dos campus de Santiago e Lugo teñen como finalidade principal a organizar e impartir cursos na área das novas tecnoloxías, e facilitar o acceso ós recursos propios de cada unha destas aulas para a aprendizaxe das ferramentas informáticas, a realización de traballos e uso dos servizos ofertados.