Preguntas frecuentes
Quen pode ser usuario de RAI?
Poderán ser usuarios da RAI:
- Os estudantes de 1º e 2º Ciclo, 3º Ciclo e 4º Ciclo
- Os profesores e colaboradores das actividades docentes das Aulas .
- Os estudantes matriculados nos cursos de posgrao e formación continua que requiran o uso
da RAI para a emisión da docencia.
- Colectivo de profesores e PAS durante os seus períodos de formación.
- Técnicos responsables das aulas, administradores do sistema, bolseiros da RAI e alumnos
en prácticas de apoio á RAI.
- Calquera outro colectivo que de forma temporal estea vinculado á actividade docente ou
investigadora da USC, e que teña o permiso expreso do decano ou director do centro correspondente,
ou da unidade organizativa correspondente.
Como podo solicitar unha conta de rai?
Os estudantes polo feito de estar matriculados son usuarios de RAI. Unha vez rematado o
proceso de matrícula envíaselles unha carta ao seu domicilio co seu usuario e chave de
acceso.
Os profesores da USC que estean dados de alta no dominio USC, non necesitan darse de alta no
dominio RAI para iniciar unha sesión de traballo nun ordenador de RAI. Iniciarán a súa sesión de
traballo da forma usual "premendo" o dominio USC.
Xa teño unha conta rai na USC, como podo acceder a ela?
O código de usuario e a chave de acceso son imprescindibles para poder iniciar unha sesión de
traballo nos postos de traballo da RAI e para poder acceder ó correo a través da web
https://correoweb.usc.es/
Teño problemas para conectarme a rai, a quen debo dirixirme?
Se ten problemas pode dirixirse ó bolseiro da aula, é necesario acreditar a identidade
(mediante o DNI, por exemplo) para que o bolseiro poida proporcionarlles a asistencia que
precise.
Aqueles estudantes que por algún motivo non poidan acercarse a ningunha aula de informática
poderán solicitar o envío das súas credenciais a través do servizo de atención a usuarios
aquí
Como podo crear o meu Web persoal?
Podes crear o teu propio Web persoal na páxina
http://alumnos.rai.usc.es/wpersoal.asp. Tes
que introducir o teu código de usuario da
RAI (sin o nome do dominio) e a túa contrasinal (password).