Poderán ser usuarios da Rede de Aulas de Informática da USC:
NOTAS para os PROFESORES:
Código de usuario da RAI
Os estudantes polo feito de estar matriculados son usuarios de RAI. Unha vez rematado o proceso de matrícula envíaselles unha carta ao seu domicilio co seu usuario e chave de acceso.
No caso de non recibir esta carta pode solicitar unha chave de paso nova ou resolver calquera dúbida relativa á sua conta en calquera aula de informática da USC. É necesario acreditar a identidade (mediante o DNI, por exemplo) para que o bolseiro poida proporcionarlles a asistencia que precisen.
Aqueles estudantes que por algún motivo non poidan achegarse a ningunha aula de informática poderán solicitar o envío das suas credenciales ao seu domicilio polos seguintes medios:
O código de usuario e a chave de acceso son imprescindibles para poder iniciar unha sesión de traballo nos postos de traballo da RAI.
O código de usuario será xerado automaticamente polo sistema, en xeral será una combinación do nome e o 1º apelido do usuario, separados por un punto (.):
nome.primeiro apelido
por exemplos: breixo.vinas
O código de usuario é un identificador único, a xeración automática destes códigos en caso de coincidencias obriga a facer variantes xogando co nome composto do usuario, ou ben engadíndolle extensións numéricas ao apelido. Por exemplo
xoseluis.perez carmen.rey carmen.rey1 carmen.rey2
son códigos de usuario validos.
O código de usuario é publico e xa veremos como vai formar parte do enderezo electrónico do usuario.
A chave de acceso será elixida polo usuario, e estará formada por unha palabra ou frase entre 8 e 20 caracteres de lonxitude. A diferenza do código de usuario, a chave de acceso non é pública, é secreta, e polo tanto soamente a coñece o propio usuario. As garantías de custodia deste segredo pasan por elixir unha chave de acceso segura. A primeira chave de acceso (password) que se nos proporciona deberémola cambiar o antes posible.
Un usuario de RAI ten dereito a ter un enderezo de correo electrónico. Ao mesmo tempo que un usuario se dá de alta no dominio RAI, créaselle unha conta de correo electrónico asignándoselle un enderezo de correo electrónico. Aconséllaselles ós alumnos que se acostumen a manexar o correo electrónico, distintos comunicados e información de interese poden chegar ós alumnos por este sistema, relacións académico-docentes cos profesores van a chegar por este medio.
O usuario comprométese a que os seus datos como usuario (código e chave de acceso) non sexan nin cedidos nin utilizados por unha terceira persoa, considerándoselle responsable en todo momento do uso que baixo a súa identidade se faga de calquera recurso da RAI. Para unha maior seguridade, o usuario deberá pechar a súa sesión unha vez que termine de usar o ordenador que tiña asignado ou reservado.
O código de usuario e a conta de correo electrónico, son persoais e están vinculados ao seu titular mentras dure a súa relación como alumno da Universidade ou actividade na mesma. Ó principio de cada curso académico serán dados de baixa os usuarios e enderezos de correo electrónico daqueles alumnos que perderan a súa condición de tales.
Todo usuario está obrigado a identificarse ante calquera persoa con responsabilidade no funcionamento da Rede de Aulas de Informática.