A conexión á rede de datos posibilita o acceso e compartición de recursos dispoñibles en rede, así coma o acceso a Internet.
Para solicitar unha alta na rede de datos compre enviar á Unidade da Rede de Datos o formulario de alta, correctamente cumprimentado. Unha vez tramitada a solicitude o usuario recibirá un correo cos datos da súa conexión: IP e máscara de rede, router por defecto, nome do dispositivo, servidor de nomes (DNS) principal e secundario. Se así o indicou no formulario de alta, un técnico de Asistencia Usuarios realizará a configuración necesaria para conectar o equipo á rede.
O uso da rede de datos da USC obriga ao cumprimento da Normativa sobre a utilización das TIC na USC.
Calquera modificación que afecta á conexión debe ser comunicada previamente á Unidade de Rede de Datos para a súa autorización e rexistro, incluindo tódalas novas conexións que se realicen a través de minibús existentes. Para isto existen diversos formularios. A non notificación de ditos cambios implica a desconexión automática da rede.
Para consultas ou dúbidas pode contactar co CAU na extensión 55555, pode usar este formulario, ou por correo electrónico (cau@usc.es). É importante dispoñer dos datos da conexión, a lo menos do número de roseta, na que se solicitou a conexión.