Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC)  »  Conexión á rede  »  proxy  »  Descrición

Servizo de proxy autenticado

Introdución

O servizo de proxy autenticado nace como resposta á necesidade de acceder a algunhas aplicacións, dispoñibles vía web, que limitan o acceso ás mesmas a direccións propias da Universidade de Santiago.

Desta forma, os usuarios que se den de alta neste servizo, poderán acceder a eses contidos ainda que o non se atope na rede da USC.

Este servizo precisa que o usuario se identifique, polo que cada vez que inicie o seu navegador, este lle solicitará que se autentique. As credenciais que deberá de empregar son as do Servizo de Directorio. Se vostede non coñece cales son estas credenciais pode obter axuda nas páxinas de identidade.

¿A quén vai dirixido?

O servizo proxy autenticado está dirixido ós seguintes colectivos da USC: PDI, PAS e INV.

Se vostede non pertence a un destes colectivos, pero ten necesidade de utilizar o servizo de proxy autenticado, pode enviar unha solicitude, xustificando tal necesidade, a atic.admindatos@usc.es.

Para comezar a utilizar este servizo

1.- Active o servizo no Portal de Activación de Servizos. Non é necesario enviar formulario en formato electrónico ou papel.

2.- Configure o navegador tal e como se indica nas seguinte páxinas: http://www.usc.es/gl/servizos/atic/rede/proxyaut/configuracion.html

3.- Introduza as súas credencias cando o navegador llas solicite. Estas credenciais se enviaran cifradas, polo que o intercambio das mesmas é seguro. 

Normas e recomendacións específicas no uso deste servizo 

  • O servizo de Proxy ten como única finalidade que os usuarios accedan a páxinas web relacionadas coa actividade académica ou investigadora.
  • Non debe comunicar o seu contrasinal a ningén, nin permitir o emprego da súa conta por parte doutros usuarios.
  • Se accede dende un ordenador de dominio público (cibercafé, hotel, ..., etc.) debe asegurarse, cando remate de utilizalo, de pechar todas as fiestras do navegador para evitar o uso da súa conta por outras persoa.
  • Cando remate de consultar os contidos que requiren o uso do proxy, é recomendable que volte a cambiar a configuración do seu navegador, evitando de este xeito o uso innecesario do proxy.

Soporte

Se ten problemas co uso deste servizo pode contactar co Centro de Atención a Usuarios.