Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC)  »  Conexión á rede  »  Conexión sen fíos

Servizo de redes sen fíos

A Universidade de Santiago de Compostela conta cunha extensa rede sen fíos que da cobertura á totalidade dos edificios dos Campus de Santiago de Compostela e Lugo. Esta rede está constituída por máis de 700 puntos de acceso, configurando unha das redes sen fíos máis extensas de Galicia.

Proporciona os seguintes servizos:

  • WIFIUSC: rede sen fíos de uso xenérico. Para todos os usuarios.
  • WIFIUSC-WEB: rede para dispositivos sen soporte de EAP-TTLS/PAP. Para todos os usuarios.
  • EDUROAM: rede sen fíos para usuarios (PDI, PAS e Alumnos) que vaian realizar desprazamentos ou visitantes doutros centros adheridos a iniciativa eduroam.
  • CONGRESOS: rede sen fíos para asistentes a congresos ou conferencias.