Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a das Comunicacións (ATIC)  »  Conexión á rede  »  Conexión sen fíos

Servizo de redes sen fíos

A Universidade de Santiago de Compostela conta cunha extensa rede sen fíos que da cobertura á totalidade dos edificios dos Campus de Santiago de Compostela e Lugo. Esta rede está constituída por máis de 750 puntos de acceso en case 100 edificios, configurando unha das redes sen fíos máis extensas de Galicia.

Proporciona os seguintes servizos:

  • WIFIUSC: rede sen fíos de uso xenérico. Para todos os usuarios. (RECOMENDADA)
  • EDUROAM: rede sen fíos para usuarios (PDI, PAS e Alumnos) que vaian realizar desprazamentos ou visitantes doutros centros adheridos a iniciativa eduroam. (RECOMENDADA)
  • WIFIUSC-WEB: rede para dispositivos sen soporte seguro e uso limitado. Para todos os usuarios. (USO OCASIONAL, REDE LIMITADA)
  • CONGRESOS: rede sen fíos para asistentes a congresos ou conferencias. (BAIXO SOLICITUDE RESPONSABLE DO CONGRESO)

 

CONFIGURACIÓN BÁSICA REDES WIFIUSC E EDUROAM

As dúas primeiras redes (Wifiusc e eduroam)  utilizan os seguintes protocolos y sistemas de autenticación, debés ter activado previamente no Portal de activación de servizos :

  • Para a autenticación do usuario na rede utilizase o estándar: 802.1.x,
  • Utilizase o sistema WPA2-Enterprise (parte de 802.11.i)
  • Os protocolos de autenticación e encritación utilizados: EAP-TTLS + PAP, nalgúns sistemas operativos como Windows é necesario software adicional, ver páxina de axuda Windows.
  • O cifrado de datos utilizado é WPA2-AES.
  • A identidade anónima ou externa do protocolo PAP é: "anonymous@usc.es"
  • Os datos de usuario serán os correspondentes a súa credencial de usuario, que se corresponde coa dirección de correo electrónico e a contrasinal única. No caso de eduroam deberán ser os da súa institución de orixe.
  • De solicitarse un certificado dixital -recomendado- se debera engadir o seguinte: "AddTrust External CA Root", no caso de non estar soportado polo sistema operativo podes descargar o arquivo correspondente.
    • Para a versión .pem descarga AddTrustExternalCARoot.pem co botón dereito do rato, e garde o aquivo co nome "AddTrustExternalCARoot.pem".
    • Para a versión .crt descarga AddTrustExternalCARoot.crt co botón dereito do rato, e garde o aquivo co nome "AddTrustExternalCARoot.crt"

nota: Durante o ano 2013 segurirán funcionando tanto para wifiusc como para eduroam as configuracións previas baseadas en WPA-TKIP, pero recoméndase a súa actualización a WPA2-AES.

nota: Os usuarios de windows poden descargar aquí a versión personalizada e autoinstalable do Cliente SecureW2 autoinstalable USC, versión 3.5.9-GA5

PÁXINAS DE AXUDA PARA A CONFIGURACIÓN E DESCARGA DE SOFTWARE

Para máis información sobre como configurar o seu dispositivo pode consultar ás páxinas de axuda para a conexión wifiusc e páxinas de axuda para a conexión eduroam, ao ser imposible ter axuda para todos os dispositivos e versións existentes, tamén podes consultar na rede indicando o nome do teu dispositivo e "eduroam" ao ter configuracións equivalente a maioría das institucións asociadas a eduroam. No caso da USC utilizase a mesma configuración para wifiusc que para eduroam.