Eduroam é un proxecto das redes de investigación europeas, coordenado en España por RedIRIS, que consiste no desenrrolo dun espazo de colaboración a nivel de mobilidade entre as organizacións da comunidade de investigación, conquerindo que cando os usuarios se despracen entre elas podan dispoñer de xeito automático de servizos de conectividade buscando simultaneamente seguridade e facilidade nas comunicacións.
En concreto eduroam pretende prover aos usuarios dun sistema de autenticación único para as conexións dos ordenadores portátiles ás redes sen fíos das distintas organizacións asociadas.
A consecuencia de todo isto, o usuario poderá conectarse a eduroam dende calquera institución adherida, utilizando as mesmas credenciais que utiliza na súa institución de orixe, e sen necesidade de solicitar conta algunha na institución que visita.
O servizo eduroam está dirixido a calquera membro da USC: PDI, PAS, persoal de investigación e alumnos.
Os parámetros básicos para conectarse a esta rede son os seguintes:
Para utilizar esta rede debe seguir os seguintes pasos:
Para calquera consulta sobre o servizo eduroam, pode enviar unha solicitude ó Centro de Atención a Usuarios (CAU) cau@usc.es
