A rede está pensada para a súa utilización por parte de todo o persoal da USC que acuda ao seu centro equipados cun dispositivo dotado dunha interface de comunicación inarámica.
Os puntos de acceso instalados soportan os estándares IEEE 802.11b e 802.11g que permiten comunicacións a 11Mbps e 54 Mbps respectivamente, con radios de cobertura aproximada de 25 metros no interior de edificacións.
Precísase unha tarxeta compatible cun dos devanditos estándares. Existen no mercado multitude de fabricantes que comercializan tarxetas compatibles.
A USC promove, co apoio da Xunta de Galicia, a adquisición de ordenadores portátiles cunha axuda de 200 euros. Actualmente atópase esgotado o crédito dispoñible para o 2008. Podes obter mais información en http://ww.usc.es/uniporta .
Unitenda , a tenda da Universidade de Santiago de Compostela, ten á venda equipos informáticos a precios especiais para os estudantes da USC.