Sitio web da USC. Unha das súas seccións está adicada a Información estudiantil e nela pódense atopar enlaces moi útiles como “Bolsas e axudas”, “ Xestión académica” ou “Programas internacionais”.
USC Virtual. Dende esta dirección accédese ó Campus Virtual da USC, ferramenta especialmente deseñada para dar soporte a cursos en liña, mixtos ou presenciais. Cada día son máis as asignaturas reguladas que elixen esta opción para soportar os contidos das materias, proporcionar medios de comunicación entre profesores e alumnos, permitir autoavaliacións dos mesmos, etc. Para entrar nel requírese ter unha conta de usuario.
Biblioteca. Dende esta páxina web pódese facer practicamente o mesmo que nos terminais localizados nas bibliotecas dos centros: consultar o estado dun préstamo de libros, ver o catálogo de volumes, etc.