1. En “Preferencias de Sistema” seleccionar “Red”.
2. No panel da esquerda “AirPort”
3. Premer no botón “Activar AirPort” para activar a rede sen fíos e seleccionar "wifiusc” no menú despregable “Nombre de la red:”.
4. Premer no botón “Avanzado…” na esquina inferior dereita da ventá. Aparece a ventá de configuración de “AirPort”.
5. Premer sobre a icona “+” que aparece na parte inferior do cadro de “Redes preferidas:” aparece a ventá seguinte:
6. Premer no botón “Mostrar redes” que aparece na parte inferior esquerda da ventá. Aparece unha ventá nova como a que segue:
7. Seleccionar a rede “wifiusc”. O contido da ventá cambia.
8. Nas caixas “Usuario:” e “Contraseña:” insira as súas credenciáis do Servizo de Directorio. Consulte as páxinas de Identidade se non coñece cales son estas credenciais.
Non esqueza incluir @usc.es ou @rai.usc.es no seu usuario
9. Premer no botón “Añadir”. Aparece outra vez a ventá de configuración do “AirPort”.
10. Premer sobre a pestana “802.1x” e aparece a ventá seguinte:
11. No menú despregable “Dominio:” seleccionar a opción “Usuario”. O contido da ventá cambia, tal e como se amosa a seguir:
12. Premer sobre a icona “+” que aparece na parte inferior da caixa de “Configuraciones” para crear unha configuración nova. Darlle o nome que se desexe, preferentemente wifiusc.
13. Nas caixas “Usuario:” e “Contraseña:” insira insira as súas credenciáis do Servizo de Directorio. Non esqueza incluir @usc.es ou @rai.usc.es no seu usuario
14. No menú despregable “Red inalámbrica” seleccionar a rede “wifiusc".
15. Na caixa “Autenticación” desmarcar todas as entradas agás “TTLS”.
16. Seleccionaer a opción “TTLS” da caixa “Configuración” e premer sobre o botón “Configurar…” máis abaixo. Aparece unha nova ventá.
17. No menú despregable “Autenticación TTLS interna” seleccionar “PAP”, e no cadro “Identidad externa” poñer “anonymous@usc.es”.
18. Premer no botón “Aceptar”. Vóltase á ventá de configuración do AirPort.
19. Premer no botón “OK” que aparece na parte inferior dereita da ventá para voltar á ventá de configuración da rede.
20. É posible que cando se estableza a primeira conexión sen fíos apareza unha ventá indicando un problema co certificado, tal e como se amosa a seguir:
21. Premer no botón “Mostrar certificado”. Aparece a ventá do certificado.
22. Despregar a opción “Confiar” na caixa inferior da ventá e no menú despregable “Al utilizar este certificado” seleccionar a opción “Confiar siempre”.
23. Finalmente, premer no botón “Continuar”. Péchase a ventá e establécese a conexión sen fíos coa rede wifiusc.