Para utilizar a rede wifiusc é necesario ter instalado un cliente de autenticación. Este programa vainos permitir que nos identifiquemos con seguridade no momento de conectarnos á rede.
Siga os pasos indicados a continuación para utilizar wifiusc:
1. Activar o servizo no Portal de Activación de Servizos
Acceda ó Portal de Activación de Servizos
Se o precisa, consulte aquí a axuda acerca da utilización do Portal de Activación de Servizos
2. Obter o cliente SecureW2 para Windows.
Ten que instalar o software cliente que se encargará da nosa autenticación de forma segura. Exiten moitos programas deste tipo, pero recomendamos o uso de SecureW2 ao ter adquirida a USC unha licenza para os seus usuarios. Pode descargar aquí a versión personalizada e autoinstalable do Cliente SecureW2 autoinstalable USC, versión 3.5.3 (só accesible dende as redes da USC) validada para as diferentes versións de Windows (Windows XP, Vista e Windows 7). [nota: Tamén esta accesible a versión anterior: Ciliente SecureW2 autinstable USC, versión 3.4.0 ]
3. Instalar o cliente autoinstalable SecureW2
Executar o arquivo "SecureW2_Enterprise_Client_353.msi" e darlle a aceptar a continuar a instalación. En función da vosa configuración do windows pode pedirvos que reiniciedes o portátil e que aceptedes a advertencia de seguridade do software e fabricante. Esta autoinstalación ademais de configurar a conexión á rede "wifiusc" configura simúltaneamente a conexión a "eduroam" que poderás utilizar directamente no caso de ter solicitada a correspondente autorización.



Nota importante: É necesario ter activada a interface wifi no proceso de instalación.
Nota importante: No caso de ter realizada unha instalación previa doutras versións de SecureW2, estas deben ser eliminadas previamente dende o panel de control.
Para Windows XP e Windows Vista ao final desta instalación é necesario reiniciar o ordenador. En Windows 7 é posible a conexión directamente unha vez remata a instalación da aplicación (desaparece a fiestra de avance da instalación)
4. Empezar a utilizar a rede sen fíos "wifiusc".
Unha vez instalado o paquete autoinslable para conectarse á rede sen fíos wifiusc tan só é necesario facer doble click na icona de rede sen fíos na zona da bandexa do sistema, aparece a fiestra "Conexiones de red inalámbricas", seleccionar "wifiusc" e premer o botón "Conectar".
Lembre que as credenciais que debe utilizar son as do Servizo de Directorio. Consulte as páxinas de Identidade se non coñece cales son estas credenciais.
Nota: Si o desexa pode descargar os clientes SecureW2 na súa versión orixinal con instalación paso a paso: última versión: Cliente SecureW2 enterprise versión 3.5.3 para windows 7 e Windows XP ou Cliente SecureW2 enterpise versión 3.40 para Windows XP, Vista e Windows 7 e Cliente SecureW2 enterpise versión 3.14 para Windows XP, Vista e Windows 7 (só accesibles dende as redes da USC). Neste caso os datos necesarios son: Protocolos de autenticación e encritación utilizados: EAP-TTLS (PAP), WPA-TKIP. Na fiestra correspondente ao perfil de acceso indicar "Use alternate outer identity" e, en "Specify outer identity" introducir "anonymous@usc.es", e na fiestra de certificados engadir: "GTE CyberTrust Global Root"