A rede wifiusc-web, que entrará en funcionamento o vindeiro 26 de xaneiro, está concebida coma unha rede de uso sinxelo, non precisando a instalación de ningún software para a autenticación do usuario, como nas redes wifiusc e eduroam.
Esta autenticación, para a que é necesario empregar as credenciáis do Servicio de Directorio (as mesmas que para wifiusc), realízase mediante un portal web, no momento de iniciarse a navegación. A transmisión das credenciáis realízase de forma segura, utilizando o protocolo SSL.
Unha vez conectados, a rede wifiusc-web non contempla mecanismos avanzados de seguridade, polo que non cifra o tráfico no treito inarámico. Por este motivo recoméndase o uso de wifiusc, deixando wifiusc-web para aqueles dispositivos que non soporten os protocolos necesarios para conectarse a wifiusc.
Os parámetros básicos para conectarse a esta rede son os seguintes:
Para utilizar esta rede debe seguir os seguintes pasos:
A rede wifiusc-web está dirixida á totalidade da comunidade universitaria.
Os usuarios de outras institucións, que se atopen na USC, poderán conectarse a rede sen fíos a través de eduroam. Prema aquí para obter máis información acerca do servizo eduroam.
wifiusc-web soamente permite a navegación web, a través dos portos 80 e 443.
Os usuarios da USC poderán obter soporte contactando co Centro de Atención a Usuarios.