Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a das Comunicacións (ATIC)  »  Seguridade

Seguridade

A Unidade de Seguridade ten encomendadas as funcións de dirixir, impulsar, coordinar e vixilar o cumprimento da normativa de seguridade da información e de uso das TIC.

Adicionalmente, nestas páxinas atopará ferramentas e documentación para mellorar a seguridade nos seus equipos e os procedementos a seguir no caso dun incidente.

Pregámoslle que preste moita atención ás recomendacións que atope nestas páxinas. Non esqueza que ter un equipo conectado á rede da USC implica, ademais de dereitos, unha serie de obrigas. Cada quen é responsable do mal uso que se poida facer do seu ordenador, do seu buzón de correo electrónico, ou de calquera outro recurso da rede posto a súa disposición.

Os servizos que pretende ofertar a ATIC no campo da seguridade son os seguintes:

Difusión de información

Realízase a través destas páxinas web e das listas de correo ATIC-AVISOS (para recibir notificacións sobre ameazas e incidentes de seguridade). Podes obter máis información sobre o funcionamento xeral das listas de correo en Servizo de listas de distribución da USC

Apoio a usuarios

A través do enderezo de correo atic.seguridade@usc.es atenderemos as consultas relativas a seguridade, que os usuarios da USC queiran facer.

Análise de incidentes

A nosa rede conta con diversas sondas coas que rastrexamos o tráfico para axudar a previr incidentes de seguridade. Pero tamén e moi importante que os usuarios notifiquen os intentos de intrusión, xa que é moi probable que outros sufran o mesmo tipo de ataque.

Tramitación de incidentes con institucións alleas á USC

Nestes casos canalizaremos as actuacións a través de Iris-CERT que é o servizo de seguridade da RedIris (Red Académica y de Investigación Española). Desta forma podemos chegar ata a organización orixe do problema e esclarecer no posible o suceso.