Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC)  »  Sinatura electrónica  »  Sinatura de Actas Académicas

Sinatura electrónica das actas académicas

Este proxecto trata de modificar o procedemento de sinatura e custodia das actas académicas das materias impartidas na USC, aproveitando as ferramentas informáticas de xestión e almacenaxe de arquivos dispoñibles, para eliminar o proceso de impresión das actas e sinatura física polos profesores, substituíndoas polo almacenaxe nun arquivo PDF asinado de xeito electrónico a través dun certificado dixital coa identidade do profesor.

Rematadas as catro fases de implantación do proxecto, a partir do segundo cuatrimestre do curso 2008-2009 todas as actas académicas da Universidade de Santiago son asinadas electrónicamente polos profesores encargados de cada materia.

 Para asinar electrónicamente un acta é preciso ter: 

  • Un certificado dixital de identidade albergado no almacén de certificados do seu ordenador, na tarxeta universitaria de identidade (TUI) ou no DNI electrónico, e coñecer o contrasinal ou o PIN que o protexe

    • O DNI electrónico ten un certificado plenamente válido para asinar actas. Se non coñece o contrasinal, pode acudir á oficina de expedición do DNI e usar unha máquina de autoservicio (chamada “quiosco” polo Ministerio do Interior) onde a súa pegada dactilar será a chave de acceso para poder cambiar o seu contrasinal.
    • A USC proporciona o certificado da FNMT para introducir na TUI ou para instalalo no almacén de certificados do ordenador. Para obtelo, os profesores  poden acudir ao seu xestor de centro, quen actúa como autoridade rexistradora polo convenio subscrito entre a USC e a FNMT. Na mesma operación faise a solicitude, descárgase o certificado e introdúcese na TUI, protexido polo PIN que o usuario desexe usar, tamén se pode levar nun dispositivo de almacenamento para ser instalado na máquina do interesado.
    • Se vostede xa dispón dun certificado da FNMT almacenado no seu ordenador, pode asinar actas sen máis trámites (exceptuando a instalación da VM de JAVA)
  • Navegador Internet Explorer, Firefox Mozilla ou Safari 
  • Un lector de tarxetas conectado ao ordenador para asinar coa TUI ou co DNIe
  • Software específico que pode descargar na Secretaría Virtual do Profesor, na opción do menú chamada “Portasinaturas”, no enlace “Acceso a descargas de ficheiros para o correcto funcionamento da sinatura electrónica”, ou ben na opción "Descargas de software" do menú desta mesma páxina 

 AVISO PARA PERSOAL DO SERGAS:

        Os profesores (fundamentalmente da Facultade de Medicina e da Escola de Enfermería) que son, ao mesmo tempo, persoal do SERGAS e dispoñen da tarxeta de identificación do SERGAS dotada de certificado electrónico de identidade, poderán asinar as actas nos ordenadores do seu posto de traballo nos hospitais, centros de saúde e similares sen modificar para nada a configuración destes ordenadores e sen solicitar ningún tipo de certificado, pois o proporcionado polo SERGAS é subministrado pola FNMT, que é a mesma autoridade certificadora utilizada pola USC. De solicitar un novo na USC, revocarían a validez do orixinal do SERGAS, perdendo a capacidade de acceder ás aplicacións hospitalarias de uso habitual.

Resumindo: este persoal NON DEBE instalar ningún programa no seu ordenador, NON DEBE solicitar certificado de identidade na USC e non precisa usar DNI electrónico para asinar actas.

 


 Para facer efectiva a sinatura electrónica dun acta, o profesor deberá entrar na súa Secretaría Virtual e realizar as mesmas operacións que ata o momento (insertar as cualificacións provisorias, enviar as notas polo móbil, modificar despois da revisión e, cando as cualificacións da acta sexan definitivas, pechala). A novidade ven a partir do momento do peche, pois aparece unha nova opción do menú, chamada “Portasinaturas”, onde atopará as actas pendentes de asinar electrónicamente e a posibilidade de ver todas as actas asinadas anteriormente deste xeito. Tamén no portasinaturas atopará un manual que describe paso a paso o procedemento de sinatura no enlace  "Acceso a descargas de ficheiros para o correcto funcionamento da sinatura electrónica".

 

Poñemos á disposición dos profesores involucrados o apoio técnico do Centro de Atención a Usuarios (CAU), polos procedementos de contacto habituais: