A USC ven de acordar co Ministerio do Interior levar a cabo unha acción específica para que os membros do cadro de persoal, profesores, PAS e investigadores, que participan nos distintos proxectos de sinatura electrónica que estanse a acometer na universidade, poidan obter o novo DNI-e de xeito preferente.
A tal fin, a USC pon á disposición do seu persoal unha aplicación de cita previa onde vostede poderá elixir día, franxa horaria e cidade (Santiago ou Lugo) para ser atendido. O Ministerio do Interior comprométese a aceptar esas citas reservando un cupo de atención preferente para elas.
Polo tanto, para obter o novo DNI-e deberá:
Pode ver un video explicativo sobre o DNIe, premendo neste enlace.
Se no momento de identificarse na aplicación vostede se trabuca e aparece unha páxina de erro, por favor, peche o seu navegador e ábrao de novo.
Se persisten os problemas, chame ao Centro de Atención a Usuarios (Ext. 55555)
Unha vez obtido o DNI-e, a USC facilitará gratuitamente un lector de tarxetas que se conectará ao ordenador por un porto USB. Se vostede é profesor ou investigador, pídao á persoa responsable da unidade de apoio ao centro e aos departamentos da Facultade ou Escola en que esté destinado. Se pertence ao PAS e non recibiu anteriormente o lector no seu posto de traballo, envíe un correo electrónico a sinaturaelectronica@usc.es para solicitar o lector indicando o seu nome, destino e a data na que obtivo o documento na comisaría. Consulte o apartado “Descargas de software” na páxina http://www.usc.es/gl/servizos/atic/sinatura/index.html e atopará os programas necesarios para facer funcionar o lector e o DNI-e.
Para máis información, ademais de á Secretaría Virtual do profesor, poden dirixirse ao correo electrónico: sinaturaelectronica@usc.es e á páxina do Ministerio do Interior: http://www.dnielectronico.es