Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a das Comunicacións (ATIC)  »  Sinatura electrónica  »  Presentación

Presentación

A Universidade de Santiago está a introducir a sinatura electrónica no eido da súa xestión administrativa para axilizar as diversas tramitacións que necesitan acreditar a identidade do usuario.

Lembremos que a sinatura electrónica representa a sinatura de documentos escritos nun soporte electrónico mediante o uso dun certificado dixital de identidade, coa mesma validez legal dunha sinatura manuscrita sobre un documento en papel.