Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC)  »  Sinatura electrónica  »  Renovación certificados

Renovación de certificados

Cando un certificado dixital de identidade esté a piques de caducar, debe proceder á súa renovación polos seguientes medios:

- Certificado do DNI electrónico:

     A validez do certificado contido no DNI electrónico é de 30 meses. Desde 30 días antes da data de caducidade pode renovalo na oficina de expedición do DNIe, sen necesidade de pedir cita previa, dirixíndose ao terminal de autoservicio, introducindo o DNI nel e solicitando na pantalla a renovación do certificado. Siga as instruccións do aparello.

    Pode atopar unha descrición do proceso completo na páxina do DNIe:  http://www.dnielectronico.es/Preguntas_Frecuentes/renov_certif/index.html#

- Certificado da FNMT

   Os certificados expedidos pola FNMT teñen unha validez de tres anos. Desde dous meses antes da súa caducidade, pode solicitar a renovación na páxina web da FNMT. A descarga do certificado renovado debe facerse desde o mesmo ordenador da solicitude.

  Pode atopar unha descrición do proceso completo na páxina da FNMT:  http://www.cert.fnmt.es/index.php?cha=cit&sec=5&lang=es