Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a das Comunicacións (ATIC)  »  Telefonía  »  Preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes do cableado

Preguntas frecuentes da telefonía fixa

Preguntas frecuentes da telefonía mobil

¿Como me entero que a instalación da roseta está rematada?

Unha vez instalada a roseta enviaraselle un e-mail notificándolle este feito e indicándolle o número que se lle asignou. A partir de ahí xa pode solicitar as altas de voz (extensións telefónica) e/ou datos que precise.

Se non existe roseta no meu despacho ¿Como solicito que me instalen unha nova?

Deberá abrir unha incidencia no Centro de Atención a Usuarios marcando a extensión 55555.

Nos días seguintes poranse en contacto con vostede para ver in situ as peculiaridades da instalación. Dende a área TIC enviaraselle un presuposto co custo da obra. De aceptalo deberá remitilo asinado e acompañado dunha folla de pedimento para que poidan comenzar as obras.

¿Que é unha roseta?

É unha pequena caixa con dous conectores para conectar o teléfono e o ordenador. Suelen estar situadas nas paredes dos despachos e están rotuladas con nomes do tipo T134A02, V003A05, D342A06. Para que estas conexións de teléfono e/ou ordenador funcionen é imprescindible dar de alta a roseta.

¿Como solicito unha extensión telefónica? ¿Ten algún custo?

Para solicitar unha extensión debe cubrir o formulario "Solicitude de alta na rede de telefonía fixa" que se atopa aquí e envialo á Unidade de Voz da Área TIC.

A alta dunha extesión telefónica non ten custo, solamente deberá pagar o aparato telefónico (se non dispón dun) e o consumo telefónico. As tarifas das chamadas pode consultalas aquí

Mensualmente, dende a Área TIC, enviamoslle ó Servizo de Xestión Económica da USC os listados co gasto feito polas extensións da Universidade para que eles lle fagan os cargos internos correspondentes ós distintos centros de gasto onde están encadradas as extensións.

¿Cómo fago para que os meus datos aparezcan no directorio telefónico?

Deberá cubrir o formulario de "Modificación de datos do directorio telefónico" que poderá atopar en aquí

Necesito un detalle das chamadas feitas dende a miña extensión ¿Qué teño que facer?

O análise das chamadas feitas dende unha extensión é un dato confidencial que so se lle facilita ó titular da extensión e a o responsable de asuntos económicos onde está asignada. Para solicitalo deberá enviarnos o formulario de "Solicitude de análise detallado" que pode atopar  aquí

¿Como fago para solicitar outras facilidades de telefonía (grupos, números directos, faxes, desvíos, ..)?

Deberá abrir unha incidencia no Centro de Atención a Usuarios marcando a extensión 55555. Á maior brevidade posible un técnico da árae porase en contacto con vostede para solucionar a incidencia

Quero facer unha chamada ó exterior pero cando marco o número escoito un ton intermitente e continuo e non podo facer a chamada ¿qué sucede?

O que sucede é que a extensión de onde chama non ten permiso para chamar ó exterior. Se quere modificar estes permisos (tráfico) debe remitirnos o formulario de "Cambio de tráfico dunha extensión" que poderá atopar aquí

Acabo de trasladarme de despacho ¿podo manter a miña extensión?

Sempre que os traslados sexan no mesmo edificio poderá conservar a súa extensión. Para elo deberá remitir á área TIC o formulario de "Traslado dun teléfono a outra roseta" que poderá atopar en aquí

Se o traslado é para outro edificio non poderá conservar a súa extensión

¿Como notifico unha avaría do meu teléfono fixo?

Deberá abrir unha incidencia no Centro de Atención a Usuarios marcando a extensión 55555. Pediranlle os seguintes datos: nome e apelidos, edificio, departamento, extensión avariada, extensión de contacto e unha pequena descripción da avaría. Á maior brevidade posible un técnico poñerase en contacto con vostede para solucionar a incidencia

¿Qué podo facer co meu terminal móbil obsoleto?

A Área TIC ofrece aos usuarios da telefonía móbil da USC a posibilidade de reciclar os seus  terminais móbiles obsoletos. Se vostede quere facer uso deste servizo, debe enviar o seu vello terminal (xunto co cargador e a batería) por correo interno ao seguinte enderezo:

Unidade de Voz - Área TIC

Pavillón de Servizos - Campus Sur

Santiago de Compostela

O meo móbil quedouse obsoleto ¿Podo cambialo por outro de mellores prestaccións?

Debe cumprimentar o formulario “Cambio de telefono móbil” que se atopa aquí. É requisito imprescindible que leve co móbil actual máis de ano e medio. Na dirección anterior pode ver as posibilidades de cambio que ten e os custos asociados a cada unha delas. Sempre que a elección sexa dun terminal con custo, deberá adxuntar xunto coa solicitude unha folla de pedimento a nome de Vodafone polo importe do terminal.

¿Que é a rede de telefonía móbil da USC?

Pois trátase dunha rede de teléfonos móviles integrados coa rede de telefonía fixa. Os teléfonos móviles, de igual xeito que os fixos, teñen unha extensión de 5 díxitos (ademáis do número nacional de 9 cifras). Para chamar a un destes móviles dende unha extensión fixa é suficiente marcar a extensión do móvil. Do mesmo xeito para chamar dende un móvil a unha extensión maracamos directamente o número de extensión. O Operador que nos presta este servizo é Vodafone.

¿Canto me vai costar a alta?

 A alta na telefonía móvil non ten custo asociado. Xunto coa tarxeta SIM remitirémoslle un terminal gratuito. Se desexa un terminal de gama máis alta deberá consultar os prezos aquí e adxuntarnos unha folla de pedimento a nome de Vodafone xunto coa solicitude de alta.

O terminal que se subministra gratuitamente é de gama media e entre as súas características máis reseñables están: bluetooth, mans libres, aviso por vibración, axenda.

¿Como chamar os nº emerxencia (061,092,...) dende un móbil da USC ?

Para chamar os números de emerxencia de 3 díxitos (061,091,092,..)deberemos poñer sempre un " 0" diante do númaro a chamar: exemplo. : "0061", "0092".

¿Como chamo ó contestador de Vodafone para ver as mensaxes que teño?

Deberá marcar o 0177 e seguir as instruccións que lle indique a locución

Perdín o teléfono móbil ¿qué fago?

Chama o Servizo de atención ó cliente de Vodafone (0122 se chamas dende un móbil da USC ou 122 dende calquera outro) e pide que che restrinxan as chamadas saíntes. Con esto evitarás que si alguén o atopa poda realizar chamadas dende él. A continuación debes abrir unha incidencia no Centro de atención a usuarios da USC, chamando á extesnión 55555

O meu móbil está avariado ¿qué teño que facer para que mo arranxen?

Abra unha inciencia no Centro de atención a usuarios na extensión 55555.

Non estou dacordo coa factura que recibín ¿qué fago?

Abra unha inciencia no Centro de atención a usuarios na extensión 55555.

Ainda teño dúbidas ¿podo falar con alguén que me infome máis polo miudo?

Mande un e-mail a atic.redevoz@usc.es comentándonos as túas consultas e respostaremosche á maior brevidade posible. Non te esquezas de deixarnos unha extensión de contacto e as horas nas que te podemos atopar se queres falar con nos

Eu xa teño un número particular de Vodafone ¿pode ser ese o meu número USC?

Non. Todos os números de móbil da USC teñen reservada unha numeración específica.

O que si pode facer, unha vez que se de de alta na telefonía móbil da USC, e meter o seu número particular na mesma tarxeta (mantendo as tarifas que vostede teña actualmente para as chamadas feitas dende o número particular). De esta forma terá nunha única tarxeta e polo tanto nun único móbil un número de Empresa e outro privado, non tendo custo os desvíos entre ambos números.

¿Como dou de baixa un móbil da USC ?

Deberá cubrir o formulario  aquí

 

¿As chamadas dende os móbiles son gratuitas?

Non. Calquera chamada feita dende o móbil ten custo, a excepción daquelas feitas ó servizo de atención ó cliente de Vodafone (0122). Podes consultar un resumo das tarifas vixentes  aquí.

¿Como me dou de alta na telefonía móbil da USC ?

Deberá cubrir o impreso de "Solicitude de alta na telefonía Móbil da USC" que sea atopa aquí  e remitilo á Área TIC –

¿Quen pode solicitar un móbil da USC?

Poderá solicitar un móbil corporativo da USC, calquera membro da universidade (docente ou PAS)

¿Como fago para cambiar os datos de envío de facturas?¿e da aplicación orzamentaria que se fai cargo do consumo?. Non entendo a factura que recibín ¿quen ma pode aclarar?

Abra unha inciencia no Centro de atención a usuarios na extensión 55555.