Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a das Comunicacións (ATIC)  »  Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI)  »  Acceso a edificios

 Acceso a edificios

A TUI é o elemento físico que permite activar o sistema de control de accesos aos centros e dependencias da Universidade cando se atopan pechados: fóra do horario de conserxería nos abertos ao público e permanentemente nos que está restrinxida a entrada.

A potestade de conceder ou denegar un permiso de acceso pertence á persoa que ostente a responsabilidade ou xefatura do recinto.

Acceso á Biblioteca Concepción Arenal

A Universidade de Santiago de Compostela ven de instalar o control de accesos á Biblioteca Concepción Arenal mediante tornos de entrada/saída.

As persoas con vinculación en vigor coa USC pertencentes á categoría de:

  • Estudantes
  • PDI
  • PAS
  • Investigadores
  • Bolseiros
  • Xubilados
  • Colaboradores Docentes

que cumpran os requisitos para ser considerados como tales (matrícula en vigor, contrato de duración superior a seis meses, etc.) poderán activar de xeito automático a súa tarxeta nos Puntos de Información Universitaria (PIU). En caso de non completar satisfactoriamente o proceso de activación, deben dirixirse ao persoal da Concepción Arenal para revisar o seu caso.

O resto de persoas que teñan dereito, segundo a legalidade vixente, a seren considerados usuarios da Biblioteca Universitaria, deberán xestionar o permiso de acceso directamente no mostrador de atención ao público da Biblioteca Concepción Arenal.

As autorizacións automáticas se conceden ata o 30 de novembro seguinte. A partir do 1 de novembro pódese proceder á renovación da autorización para o seguinte período anual, sempre que se cumpran cos requisitos de pertenza a colectivo e titularidade da TUI en vigor.

Acceso a edificios para non posuidores dunha TUI

Aquelas persoas que non teñan dereito a utilizar unha TUI persoal e precisen usar o sistema de control de accesos, poden solicitar ao responsable da dependencia que lles asigne, polo tempo preciso, unha tarxeta temporal innominada.

A tal efecto, a universidade ten unha reserva de tarxetas temporais á disposición dos responsables dos recintos, os cales poden dirixirse á Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua (vr.estudantes@usc.es) para solicitalas.

Teña en conta que a tarxeta usada para o aparcadoiro tamén serve para acceder ao edificio, e que a mesma tarxeta pode ser autorizada en múltiples dependencias, polo que a persoa que deba acceder a máis dun recinto só necesita unha tarxeta.