A TUI é o elemento de acceso aos aparcadoiros con barreira da USC. O mero achegamento da tarxeta ao detector de proximidade, sen contacto, instalado no poste de acceso serve para abrir a barreira.
Quen pode usar os aparcadoiros con barreira?
O acceso está reservado para os colectivos autorizados. Neste intre: PDI, PAS, Investigadores e Colaboradores Docentes.
Podo usar a TUI nos aparcadoiros desde o mesmo momento en que a recibo?
Non. É preciso proceder á activación da tarxeta co chip sen contacto para o seu uso nos aparcadoiros. Deberá, por tanto, dirixirse aos terminais dos Puntos de Información Universitaria (PIUs), introducir a tarxeta no lector e seguir as instruccións da pantalla (consulte a situación dos PIUs na sección de Consulta de información da TUI). O envío dos datos da tarxeta a cada aparcadoiro se realiza dentro das 24 horas laborables seguintes ao momento da activación, salvo problema técnico.
As reclamacións e incidencias deberán ser consignadas no formulario de incidencias do Centro de Atención a Usuarios http://www3.usc.es/USCincidencias; ou ben, alternativamente, a través do correo electrónico cau@usc.es ou, por teléfono, na extensión 55555.
Pódese ter máis dunha tarxeta activada ao mesmo tempo?
Non. Cada persoa disporá dunha única tarxeta activada. No PIU compróbase se o titular da tarxeta que está a ser activada ten outra enviada aos aparcadoiros. Previa conformidade do usuario, o sistema borra a tarxeta antiga e activa a nova (dentro das 24 horas laborables seguintes, salvo problema técnico).
Autorización para non membros da comunidade universitaria
A vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua pode autorizar o uso dos aparcadoiros a persoal alleo á USC pero que presta servizos relacionados co mantemento e funcionamento da mesma.
O responsable dentro da USC do servizo ou dependencia debe asinar a petición de autorización que pode atopar dentro do enlace seguinte, xunto co responsable da empresa prestadora de servizos ou o propio interesado. Consulte as instruccións para obtención de tarxetas temporais de acceso aos aparcadoiros.
Relación de aparcadoiros:
Campus de Lugo:
Campus norte de Santiago:
Campus sur de Santiago: