Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC)  »  Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI)  »  Consulta de información

Consulta de información

Os PIUs (Puntos de Información Universitaria) son unha ferramenta de transmisión da información, situados nos centros universitarios e nas Unidades de Xestión Académica (UXA).

Neles, ademais de consultar información e novidades da USC, pódense realizar consultas personalizadas, imprimir o expediente académico, recargar moedeiro de transporte, activar a TUI para os aparcadoiros, etc.

Puntos de Información Universitaria (PIUs) en Lugo

Unidade de Xestión Académica
UXA - Edificio da Biblioteca Intercentros
Campus Universitario

Escola Politécnica Superior
Edificio de ampliación da Escola Politécnica Superior
Rúa de Bernardino Pardo Ouro, s.n.

Puntos de Información Universitaria (PIUs) en Santiago

Casa Jimena y Elisa Fernández de la Vega
Rúa Casas Reais, 8

Pavillón Estudantil
Planta baixa do Pavillón Estudantil (COIE)
Campus Vida

Biblioteca de CC. Sociais e Xurídicas Concepción Arenal
Planta baixa da Biblioteca Concepción Arenal
Campus Vida

Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Vestíbulo principal da Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Avenida de Xoán XXIII, s.n.

Facultades de Psicoloxía e CC. Da Educación
Vestíbulo do pavillón central das Facultades de Psicoloxía e CC. da Educación
Campus Vida

Facultade de Medicina
Vestíbulo de entrada á Facultade de Medicina
Rúa de San Francisco, s.n.