Consulta sobre o estado de tramitación da TUI
Se vostede solicitou a expedición da TUI e non ten noticias dela, lembre que:
- No caso de que a súa tarxeta non teña servizos financeiros asociados, a entidade expedidora non coñece a súa dirección postal, polo que:
- Os alumnos teñen que recollela na sucursal do Banco de Santander do seu campus
- O persoal da USC recibirana no seu posto de traballo
- Se a tarxeta ten servizos financeiros asociados (está vinculada a unha conta do Banco de Santander), no momento da apertura da conta vostede facilitou a súa dirección ao banco, polo que recibirá a tarxeta no seu domicilio
Asemade, o Banco de Santander pode informarlle acerca do estado de tramitación da súa tarxeta universitaria de identidade a través da dirección de correo electrónico:
tarjetauniversitaria@gruposantander.com
Indique o seu nome, documento de identidade e relación coa USC na mensaxe.