Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a das Comunicacións (ATIC)  »  Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI)  »  Preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes

Que ocorrerá se non activo no PIU a tarxeta?

Non poderá acceder aos aparcadoiros

Que fago coa tarxeta antiga?

Pode destruíla, pois non serve para entrar nos aparcadoiros

Perdín a tarxeta que tiña activada para os aparcadoiros. Que fago?

Solicitar unha nova na sucursal do Banco de Santander do seu campus. Cando reciba a nova tarxeta, deberá activala no PIU, co cal dará de baixa a outra.

O PIU dime que non teño dereito ao acceso aos aparcadoiros, cando non é certo. Que fago?

Cubra o formulario de reclamación en http://www.usc.es/cau/ 

Fun ao PIU e díxome que a tarxeta non estaba dotada de chip sen contacto. Que fago?

Cubra o formulario de reclamación en http://www.usc.es/cau/

Son PAS ou PDI e teño aínda unha tarxeta de estudiante. Que debo facer para ter unha da miña categoría coa que poida acceder aos aparcadoiros?:

Envíe un correo electrónico a cau@usc.es indicando o seu DNI, nome, categoría e tipo de contrato.

Canto tarda en chegar a TUI?

Desde a instauración da emisión instantánea, se vostede pertence aos colectivos que se benefician da mesma, vai obtela no momento; en caso contrario, desde a solicitude ata que a recibe pode transcorrer unha media de 20 días; se é un duplicado por perda, roubo ou extravío, 10 días aproximadamente.

Qué fago no caso de perda, roubo, extravío da tarxeta ou se non a recibín?

Diríxase ás oficinas que o Banco de Santander ten no campus. Se a TUI está asociada a una conta no devandito banco, pode chamar ao número 902 2424 24 as 24h.

Teño que solicitar a TUI cada ano?

Non, non fai falla, aínda que se produza un cambio de carreira, pero se o desexa pode facelo cando queira, tanto se é simple como se é mixta.

Onde recollo a TUI?

Na mesma oficina na que a solicitou. Se a tarxeta e mixta (leva conta bancaria asociada), será enviada ao seu domicilio.

Onde solicito a TUI?

Nas oficinas que o Banco de Santander ten na Universidade. Se non é beneficiario da emisión instantánea, debe levar unha fotografía recente. No caso de emisión instantánea, a fotografía será tomada no momento da emisión polo persoal encargado.

  • Soporte e axuda
  • Preguntas frecuentes