Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a das Comunicacións (ATIC)  »  Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI)  »  Para que se pode empregar  »  Transporte urbano universitario de Santiago

Transporte urbano universitario de Santiago

Respostando as seguintes cuestións básicas agardamos facilitarche a información do uso da TUI no transporte urbano.

Cando caducan as viaxes cargadas na Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI)?

A data de caducidade pódese ver na consulta de saldo do moedeiro de transporte nos PIUs

Todas as TUI serven para utilizarse nos autobuses urbanos de Compostela?

As TUI emitidas a partir de 2006 dispoñen dun dispositivo sen contacto compatible coa tecnoloxía dos autobuses urbanos.

Como se pagan as viaxes e onde se cargan?

O "moedeiro de transporte" da TUI precisa soamente de dous pasos sinxelos:

  1. Para pagar emprégase o moedeiro electrónico que ten a propia tarxeta e que se recarga de euros, ben nos caixeiros 4B do Banco Santander,se se ten unha conta asociada á tarxeta, ben nos Cargadores de Tarxeta Moedeiro situados en:
    • Pavillón Estudantil (*)
    • Área de Deportes (2º andar da Piscina Universitaria)
    • Residencia Universitaria Monte da Condesa
    • Facultade de CC. Económicas e Empresariais (*)
    • Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega (*),
  2. Cos euros da tarxeta moedeiro as viaxes cárganse nos puntos de información universitaria (PIUS) ou nos autobuses urbanos. Os PIUS están situados en:
    • Facultade de Filosofía e CC. da Educación
    • Pavillón Estudantil (*)
    • Facultade de CC. Económicas e Empresariais (*)
    • Facultade de Medicina e Odontoloxía
    • Biblioteca Xurídica Concepción Arenal
    • Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega (*)

Nos centros con (*) os cargadores da tarxeta moedeiro están ao carón dos PIUS polo que o pagamento e a carga do "moedeiro de transporte" da TUI pode facerse no mesmo espazo nestes tres edificios da USC.

É necesario ter unha conta no Banco Santander para utilizar o moedeiro electrónico?

Non. Para utilizalo é suficiente recargalo nos cargadores de moedeiro electrónico situados nos edificios indicados no apartado 1. da pregunta anterior.

Temos algún desconto por utilizar a TUI para o transporte urbano?

Periódicamente, o Banco de Santander ofrece descontos do 10% por facer recargas de viaxes nos PIUS durante determinados meses do ano.