Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Tecnoloxías da Información e a das Comunicacións (ATIC)  »  Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI)  »  Solicitude da tarxeta

Solicitude da tarxeta

 

  • Os membros do cadro de persoal que perciben as súas retribucións por medio da propia Universidade e os estudantes matriculados en titulacións oficiais de primeiro, segundo e terceiro ciclo, grao e master, non teñen máis que dirixirse á oficina do seu campus do Banco de Santander levando unha fotografía e cubrindo o formulario correspondente.
  • Os estudantes matriculados en cursos de postgrao non oficiais achegarán tamén unha fotocopia do resgardo da súa matrícula.
  • O persoal de investigación que non percibe as súas retribucións por medio da Universidade de Santiago achegará unha copia da concesión da bolsa de formación ou do contrato co organismo que o financia.
  • Persoal docente de centros adscritos ou vinculados: A dirección do centro enviará á Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua a relación do profesorado interesado en solicitar a TUI; posteriormente, cada persoa solicitará a tarxeta do mesmo xeito que o persoal da Universidade.
  • Colaboradores docentes dentro do marco dun convenio (concerto SERGAS, convenios de practicum ,...): O decanato do centro responsable do practicum ou o servizo de profesorado (no que se refire ao persoal do SERGAS) enviará á Vicerreitoría de Comunidade Universitaria e Compromiso Social a relación de persoas que cumplen cos requisitos para solicitar a TUI; posteriormente, cada persoa solicitará a tarxeta do mesmo xeito que o persoal da Universidade.