Aquelas persoas que dispoñan de identificador de usuario nos sistemas de información da USC terán dereito a publicar páxinas persoais na Internet. Para saber máis sobre os identificadores de usuario, vaia a sección de identidade.
A responsabilidade sobre a información contida nas páxinas web persoais será exclusivamente do usuario, e a información que conteñan será relativa á DOCENCIA e á INVESTIGACIÓN. O seu uso implica a aceptación da normativa de uso das TIC que poderá atopar na sección de normativa. Explícitamente, as actividades prohibidas están recollidas no artigo 4 e no anexo II da devandita norma.
En primeiro lugar, é indispensable ter concedido un identificador de usuario nos sistemas de información da USC. Ver sección de identidade.
Unha vez teña o seu identificador de usuario, debe seguir estes pasos:
As incidencias referidas ao servizo de hospedaxe poden ser comunicadas enviando unha mensaxe de correo electrónico a atic.web@usc.es ou contactando co Centro de Atención a Usuarios (CAU).
No referente ao manexo da Ferramenta de Xestión de Contidos (FXC), a oficina web dispon de tutoriais sobre a FXC no seu sitio web.