Teño problemas co meu espazo web. A quen me dirixo?
Preferentemente, debe contactar co Centro de Atención a Usuarios. De xeito alternativo, pode enviar unha mensaxe a atic.web@usc.es.
Teña en conta que , salvo acordo previo coa ATIC, este servizo de hospedaxe web non presta axuda no desenvolvemento ou mantemento de espazos web. Soamente se atenden cuestións relativas ao hospedaxe en sí (cuota de disco, restablecemento de chaves de paso, etc.)
Que normas debo coñecer para publicar contidos web?
A normativa TIC se atopa na sección de normativa. No caso da hospedaxe web é de especial interese o Anexo II.
Tamén pode atopar manuais ténicos na sección de manuais.
Quen pode publicar páxinas web?
Pode consultar o Artigo 4 do Anexo II da normativa TIC.
Como podo solicitar un espazo web?
Antes de facer unha solicitude de espazo web no sitio institucional é recomendable contactar en primeiro lugar coa Oficina web para para que o asesore, e decidir cal é o tipo de hospedaxe mais axeitado en función dos obxectivos que se pretenden acadar.
En decidindo o tipo de hospedaxe, a solicitude dirixirase por correo ordinario á Secretaría Xeral da USC empregando os formularios de alta que se atopan na sección de formularios. Unha vez autorizada a creación do espazo, a Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións facilitará ao responsable os datos técnicos necesarios para a publicación dos contidos.
No caso das páxinas persoais existe un formulario electrónico de alta na sección de Formularios.